Capítulo 33: Alma de heavy metal
Diego atopa no trasteiro recordos da súa época de heavy metal.
4º sen ascensor
As vivencias de tres mozos e unha moza duns vinte anos que comparten un piso de estudantes nunha cidade calquera: Sebastián, un mozo nervioso, algo histérico e bastante inocente que estuda medicina mentres traballa como testador, cobaia de toda clase de medicamentos e probas; Sebas, que ten un problema patolóxico, xa que é incapaz de mentir; Lucía, a súa curmá, unha moza responsable, traballadora, boa estudante e intelixente pero moi maniática e mandona e Fran, un vividor atractivo especializado en non dar pancada, aproveitarse dos demais -sobre todo de Sebas- e gañar cartos co póker.
En fronte vive un matrimonio de corentóns: ela, unha aspirante a artista plástica cunha obra desastrosa e el, un vendedor de seguros moi metódico. O bar que frecuentan é dun home máis ben calado que cando fala... non para. Alí traballa Lucía de camareira.
Os pais de Sebastián, e tíos de Lucía, deixan a aldea de cando en vez para visitar o fillo. Ela é unha mestura de Karmele Marchante e un sarxento e el un xanciño. Cada unha das súas visitas ao piso de estudantes é un terremoto nas súas vidas, especialmente na de Fran, a quen consideran un pésimo exemplo para Sebas e... non lles falta razón.