CRTVG

Buscar
Cap. 154: Sergio Álvarez e os seus cans / Mal atípico

Cap. 154: Sergio Álvarez e os seus cans / Mal atípico

15/03/2015 - 11:00 h

Criaturas

A relación co medio natural humaniza, e os sentimentos afloran cando se estreitan os lazos con outros seres animais; por iso reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de Criaturas, que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.

Pero Criaturas introdúcese nos aspectos máis emotivos de cada historia, de xeito ameno, sinxelo e interactivo, para ao mesmo tempo proporcionarlle ao espectador unha información oportuna que contribúa ao seu crecemento persoal, cultura xeral e formación. Cada programa está formado por micro-documentais, testemuñas, participación de expertos e noticias.

Cada unha das entregas comeza co presentador, Juan Fuentes, situado na localización do caso principal, e cun sumario das distintas historias que abrangue o programa. Tamén hai un apartado para o famoso e a súa mascota e unha enquisa na que se formula unha pregunta relacionada co caso principal.

A cámara do programa pretende ser un obxecto invisible que observa, xa que as historias que se contan son reais e teñen forza por si soas, son relatos emotivos e sorprendentes que teñen lugar en escenarios como clínicas veterinarias, granxas, recintos feirais...e mesmo nos diferentes fogares que teñen mascotas.

Otras temporadas de Criaturas en Máis á carta

 

Galería de imaxes

Criaturas á carta