Con Amor e compañía
O actor e showman David Amor presenta “Con Amor e Compañía”, un programa variado con entrevistas, monólogos, actuacións musicais e contidos que farán rir os espectadores.
Este novo espazo tamén conta coa colaboración de Isi, Iria Pinheiro, Alicia Burton e Pepo Suevos. Este último sorprenderá cada semana coa interpretación de Maximino “O deitado”, un dos poucos seres do planeta que ten un audiómetro e que descobre que no seu mando ten un botón que lle permite acceder directamente ás imaxes do que ocorre no estudio. O público tamén é unha parte importante do formato, xa que vivirá unha experiencia moi participativa con sorpresas, momentos de humor e a posibilidade de gañar un coche ao final da tempada.