CRTVG

Buscar

Nima, Ladon e Dakpa, Wilka e Israel

02/04/2016 - 11:30 h

Como galegos!

Como galegos! é un programa de entretemento, no que tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia cóntannos os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia. 

Acompañarémolos e coñeceremos o seu día a día, presentándonos a toda a xente que se convertiu dalgunha maneira na súa familia xa que, lonxe dos seus, os vínculos emocionais son sempre importantes para facer fogar e sentirse coma na casa. 

O presentador, Carlos Tresandí,  terá a misión de percorrer Galicia para buscar, atopar e presentarnos aos máis singulares “guirigalegos”.

Semana a semana farémonos cómplices das súas actividades, das súas amizades, das súas ocupacións; coñeceremos ás súas familias e sobre todo, descubriremos os motivos que os levaron a quedarse a vivir na nosa terra. Por certo, que cociñarán para nós?

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Como galegos! á carta