CRTVG

Buscar

Capítulo 1: A guerra dos Rois

07/10/2013 - 00:00 h

Chapa e pintura

Gravada integramente en interiores, “Chapa e Pintura” transportará a audiencia a unha veciñanza ficticia onde, entre outros negocios, conviven unha tenda-taller de motos e un salón de beleza, nos que traballan Chelo e Raúl respectivamente, unha parella recentemente separada. Como as súas vidas, os seus negocios precisan e buscan o mesmo obxectivo: unha renovación de chapa e pintura. En definitiva, unha tranquila e próspera rúa, en que a vida podería transcorrer moi pracenteira senón fora polas intrigas dos seus veciños.    

“Chapa e Pintura” conta cun reparto de altura, con nomes moi recoñecidos, como Manuel San Martín, Mara Sánchez, Carolina Vázquez, Victoria Teijeiro, Xoel Yáñez, Miguel Pernas, Fernando Dacosta, Mariana Expósito, Dolores Gippini e Fernando González.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Chapa e pintura á carta