Programas
Programas coa categoría Series
-
Libro de familia
A serie retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla.
-
Lobos e cordeiros
Serie de época ambientada en 1898 en Ourense que conta a través de tres clans familiares a historia de Galicia.
-
Mareas vivas
Mareas Vivas conta a vida cotiá dos habitantes de Portozás e os sucesos que veñen romper a tranquilidade habitual do lugar
-
Maridos e mulleres
En calquera momento, cando ninguén o espera, a vida pode deixar de ser tan tranquila como parece. Isto é o que lles ocorre aos habitantes da urbanización Os Anxos, arredor dos que se desenvolve o argumento desta serie
-
Merlí
A chegada de Merlí Bergeron, o profesor novo de filosofía, ao Instituto Àngel Guimerà, provocará reaccións adversas. Aínda que consegue meter os alumnos no papo, ao profesorado moléstalle a súa maneira de ser e de relacionarse cos compañeiros. Namentres, na casa, Merlí trata de recuperar a relación con Bruno, o seu fillo adolescente.
-
Método criminal
Comedia negra co narcotráfico como telón de fondo, dirixida por Jorge Saavedra e protagonizada por Luís Iglesia e Miguel Canalejo.
-
Morangos com Açúcar
Serie xuvenil, primeira que a CRTVG emite en portugués na súa versión orixinal, con subtítulos en galego. Amor, drama, paixón e humor son os principais ingredientes.
-
Motel Valkirias
Nun motel transfronteirizo, a vida de tres mulleres con graves problemas económicos e persoais crúzase, de maneira fortuíta, cando descobren que Elixio, un cliente do motel, transporta unha mercadoría moi valiosa
-
O Faro, cruce de camiños
O Faro é un restaurante familiar onde se serve comida caseira, un lugar querido por todos
-
Padre Casares
Padre Casares amosa a vida nunha vila costeira galega, a través da ollada dun cura novo e urbano que non ten outra cousa que facerse cargo da súa igrexa, e do seu rabaño, así como das igrexas das vilas próximas.
-
Pazo de Familia
Deixando atrás o pasado, Sara e Cosme chegan a un mundo novo, estraño e luxoso, buscando un lugar en que cicatrizar a súas feridas e poder seguir adiante
-
Pratos combinados
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do bar Suízo. Televisión de Galicia estreou a serie o primeiro de decembro de 1995
-
Rías Baixas
A historia comeza coa chegada a Cambados de Gloria Leiro, unha muller atractiva e intelixente que vén da Arxentina convidada por Don Ramón