Programas coa categoría Series
-
15 Zona: cerco aos Matalobos
Sección que a Galega emite antes de cada capítulo de Matalobos, dedicada á estrutura de Postos de Mando da Garda Civil en Galicia.
-
15 zona: un día de garda
Xusto antes do capítulo de “Matalobos”, emítese“15 Zona: Un día de garda”, guiado por Juan Fuentes, que acompaña cada semana os distintos efectivos da Garda Civil nunha xornada de traballo.
-
A dama de Troia
Telenovela colombiana que relata a historia de Patricia Cruz, unha muller cun pasado dramático convertida agora nunha vaqueira recia.
-
A familia Pita
A acción céntrase na casa dunha viúva acomodada, a señora Pita. A vivenda convértese, por diversas circunstancias, no fogar de xente moi diferente.
-
A viaxe de Sara
Estamos na primavera de 1982, cando Sara, unha muller xermano-oriental, nai de dúas nenas, Silvia e Sabine, que vive e traballa na cidade de Erfurt, vai contraer matrimonio co seu colega Peter.
-
A vida por diante
Na vila mariñeira de Sada, cinco mulleres moi distintas quedan unidas polo naufraxio en que os seus homes perden a vida. Sofía, Aurora, Lucía -a muller do patrón-, Renata e Marta - a filla do armador-, crean xuntas a vida despois da traxedia.
-
As leis de Celavella
As Leis de Celavella é a primeira serie de intriga ambientada na Galicia de principios do século XX que emite a TVG . A serie, de estilo costumista, retrata un grupo humano cheo de posibilidades dramáticas e de comedia.
-
Avenida de América
A vida dun grupo de mozos e mozas que estudan na escola de Hostalería e as súas relacións con pais e profesores son os temas de Avenida de América, que foi a primeira serie producida integramente pola Televisión de Galicia.
-
Cuarto sen ascensor
As vivencias de tres mozos e unha moza duns vinte anos que comparten un piso de estudantes nunha cidade calquera
