Programas coa categoría Musicais
-
A Martabela
Distintos escenarios do verán galego servirán para revivir con máis forza as claves da nostalxia convertida en música e en recordos de toda unha vida.
-
Bravo pola música
En pleno meridiano do Nadal, a TVG achega un espectáculo musical centrado na figura dun dos grandes da nosa música, Juan Pardo, que se poderá ver nalgunhas das súas máis coñecidas actuacións, como con Rocío Jurado, e gozar das novas versións dun artista que xa é un clásico da historia da música.
-
Especial Ana Kiro
No aniversario da morte de Ana Kiro, a Galega lembra a artista coa emisión do documental "Días sen Ana" e da gala homenaxe, realizada en 1996, "Toda Unha Vida".
-
Heicho Cantar Queridiña
Espazo musical que presentan a cantante Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión 2011, e o tamén cantante e actor Sergio Zearreta.
-
Sempre clásica
A través deste espazo de música clásica os espectadores poden asistir aos concertos das grandes formacións do panorama actual.
-
Sons na noite
Programa dedicado á música clásica. Ofrece concertos e actuacións deste xénero musical.
-
Vivo cantando
Baixo a dirección de Xosé Manuel Martín, Paula Señarís e Alicia Lombán introdúcense no mundo das tunas e das orquestras de pulso e púa. As reporteiras estiveron de rolda polas rúas compostelás e coruñesas coas tunas universitaria de Santiago e a de veteranos da Coruña.
Con máis de 120 anos de historia, a Festa das Pepitas celébrase na noite do 18 ao 19 de marzo, un día en que os ferroláns, armados das súas guitarras e outros instrumentos musicais van roldar baixo os balcóns das casas das mulleres. Paula e Alicia estiveron de rolda coa Rondalla Añoranzas, a de Santa Uxía de Mandiá, formada por mulleres e a tuna de Mos, que se caracteriza por levar abandeirados e majorettes, que desfilan ao ritmo da música tradicional.
Por último, as reporteiras viviron o renacer musical do Barco de Valdeorras coa Banda de Música Municipal, os dous coros, a banda de gaitas, o grupo de corda e voz Son do Sil e coa orquestra do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.