Programas
Programas coa categoría Magazine
-
A bóla extra
Televisión e radio uniranse cada día en 'A bóla extra', unha innovadora experiencia de radio televisada nas mañás da Galega
-
Con Amor e compañía
Un programa variado con entrevistas, monólogos, actuacións musicais e contidos para facer rir, presentado por David Amor
-
Fun polo aire
Programa presentado por Susana López Carbia e Emilio Guillín. Unha aposta pola actualidade, dos temas dos que fala todo o mundo e do que forman parte varios colaboradores.
-
Hora galega
Programa diario, presentado por David Espiño e Rocío Durán, é un programa vivo e variado onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas
-
Que nos pille rebolando!
Novo programa de dúas horas e media para a tarde dos sábados que presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz.
Compartirán ao vivo unha das grandes celebracións do noso país, gozaremos coa música e coa gastronomía galega e haberá agasallos para os espectadores.
-
Quen anda aí?
Conversas, entrevistas e reportaxes das cuestións que máis lles preocupan aos espectadores. Presentado en outono-inverno por Roberto Vilar e Juan Fuentes. Os xoves estará Marcial Mouzo. A edición de verán está presentada por Eva Iglesias, Juan Fuentes é Marcos Pereiro.
-
Sabadeando
Lucía Rodríguez e Adrián Díaz achegarán cada semana música, xogos, humor, emocionantes imaxes de arquivo e conexións en directo para non perder nin un segundo dos acontecementos festivos que teñan lugar en Galicia
-
Sopa de festa
Cada programa ofrece un especial monográfico dunha das exaltacións gastronómicas con máis sona da comunidade, é unha guía para seguir o verán gastronómico galego
-
Vivan as tardes!
Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez