Programas coa categoría Informativos
-
A Revista
Espazo informativo que se emite de luns a venres. Neste programa matinal inclúense reportaxes e conexións en directo por todo o territorio galego, sempre na busca da noticia do día ou das actividades que poidan ser de interese para a audiencia.
-
A Revista FDS
Neste programa matinal inclúense reportaxes e conexións en directo con moitos lugares do territorio galego, sempre á busca da noticia do día ou das actividades que poidan ser de interese para a audiencia.
-
Bos días
É o espazo informativo máis madrugador da Galega. Toda a actualidade da xornada onde se incorporan conexións en directo cando os acontecementos o requiren.
-
Eleccións municipais e autonómicas 2011
Toda a información das eleccións municipais e autonómicas de 2011.
-
Eleccións Xerais 2011
Toda a información das eleccións xerais do vindeiro 20 de novembro de 2011. Un amplo dispositivo ofrecerá programas especiais, información diaria e un total de 10 debates e 12 entrevistas aos cabezas de lista das catro circunscricións electorais galegas
-
Especial Informativo
Espazo informativo no que se presentan de maneira breve os temas clave da actualidade do día.
-
Foro Aberto
"Foro Aberto" é un programa de debate feito cos criterios de servizo público, que toma como referencia a actualidade e a pluralidade social.
-
Galicia Noticias Mediodía
Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.
-
Galicia noticias serán
Alberto Mancebo presenta este informativo de proximidade. Durante media hora achégalle á audiencia as noticias máis próximas do día.
-
Labranza
Labranza emite reportaxes coas que se intentan divulgar as últimas técnicas que se están a empregar nos distintos sectores produtivos do agro galego, desde a gandería de leite ata a viticultura, sen esquecer o sector forestal, como representación do complexo agrogandeiro de Galicia.
-
O Agro
Microespazo que ofrece información e reportaxes sobre o mundo agrario así como as últimas cotizacións dos mercados galegos de gando.
