Programas coa categoría Infantís

  • A abella Maia

    A abella Maia

    A abella Maia non é só unha serie de animación, é unha marca. Varias xeracións de nenos creceron con ela e agora seguirano facendo coa nova produción en tres dimensións, que verá a luz no 2012 e que conta co compromiso das televisións máis importantes de Europa.

  • A tropa de trapo

    A tropa de trapo

    Serie de debuxos animados baseada na longametraxe de factura galega do mesmo nome. Dirixida a un público infantil con idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.

  • Angela Anaconda

    Angela Anaconda

    Angela Anaconda é unha serie de animación canadiense que transmitiuse  en Teletoon e ABC Family. Centrase nas aventuras dunha nena  de doce chamada Angela que vive na cidade imaxinaria Springs, ten irmáns, e odia a unha rapaza francesa francesachamada Nanette Manoir

  • As bólas máxicas
  • Betty atómica

    Betty atómica

    Atomic Betty é unha serie de aventuras cun ritmo alucinante. Xira en torno ós intentos de Betty de levar unha vida "normal" no planeta terra e defender a galaxia enteira. Este é un problema permanente para Betty, porque para ela ser unha Gardiá Galáctica representa unha obriga enorme e tamén unha honra. Pero como late outra clase de álxebra...

  • Blue Dragon

    Blue Dragon

    Os seus 51 capítulos, con humor e acción a esgalla, remítennos ó universo Dragon Ball, cun deseño elaborado por Hironobu Sakaguchi, creador de Final Fantasy, e mais unha trama e personaxes deseñados por Akira Toriyama, creador de Dragon Ball. A serie foi producida polo prestixioso Studio Pierrot, ben coñecido por series como Naruto e Bleach.

  • Caracois

    Caracois

    A serie “CARACOIS”, realizada a través da técnica stop-motion, está dirixida a un público de entre 2 e 4 anos de idade. Os capítulos, de seis minutos de duración, están baseados nas historias dos álbums de Armando Quintero e André Letria.

  • Doraemon, o gato cósmico

    Doraemon, o gato cósmico

    É un gato moi especial. Danlle noxo os ratos, porque un día mentres durmía coméronlle as orellas e do susto cambiou de ser amarelo a azul. Ten bo xenio e un carácter divertido, un aspecto repoludo e unhas ocorrencias moi persoais. Pero hai algo no que non ten medida: come que dá gusto. Sobre todo unhas lamboadas con forma de hamburguesa que lle chaman Dorayaki que merenda todos os días

  • Dragon Ball Z Kai

    Dragon Ball Z Kai

    • 5

    Versión renovada da mítica serie dos 90, Dragon Ball Z

  • Era unha vez...o home
  • Era unha vez...os exploradores
  • Minuscule

    Minuscule

    Minuscule conta as aventuras de varios insectos que percorren o bosque e o campo, co seu día a día, como calquera ser vivo deste planeta, pero tomado desde un plano burlesco, cun ton poético, onde a música xoga un papel destacado.

  • O cordeiro Shaun
  • One piece
  • Os contos do camiño

    Os contos do camiño

    “OS CONTOS DO CAMIÑO”, é unha serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.

  • Os Picapedra
  • Os pitos karatecas

    Os pitos karatecas

    Os pitos Chop Socky Chooks son un equipo divertido de mestres do kung-fu que loitan contra o seu arquiinimigo, o doutor Wasabi e os seus plans diabólicos para controlar o mundo. Éche un trío de heroes interesante que dedican a súa vida a defender os cidadáns dos asexos do mundo Wasabi.

  • Oveeellas
  • Pingu
  • Retel Classic Cartoons