Programas
Programas coa categoría Divulgativos
-
O sol sae para todos
Espazo de reportaxes de actualidade, de 15 minutos de duración, que contará diariamente como os galegos se adaptan á nova normalidade.
-
Os castelos
Programa que centra a atención nos castelos que hai no país para falar da historia da Galicia Medieval.
-
Os castros
Serie documental dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que dará a coñecer a riqueza do noso patrimonio castrexo, bastante descoñecido polos galegos.
Esta nova produción ofrecerá dun xeito moi divulgativo o significado da cultura castrexa en Galicia desenvolta desde o século VI a.C. ata xa ben avanzada a romanización, cando os habitantes dos castros abandonan eses poboado
-
Pasaporte galego
“Pasaporte Galego” conta a historia dos descendentes deses galegos de pro que un día marcharon de Galicia para construír un futuro que non tiñan. Estes fillos de emigrantes viviron fóra da terra, pero nunca se desnaturalizaron nin perderon o seu inconfundible xene galego, ese que lles conferiu sempre unha identidade única.
-
Pescadores de historias
Programa sobre a singularidade da cultura mariñeira dos diferentes portos galegos, presentado por X.H. Rivadulla Corcón
-
Polo rego
Lecccións da 'universidade do campo' nas que os 'mestres' nos descubrirán moitas cousas: todo canto dá o campo galego, desde os cultivos máis tradicionais ata as incorporacións novas nos regos de Galicia, ou facer textos e coidar a nosa natureza.
-
Que casas!
“Que Casas!”, visitará vivendas espectaculares e coñecerá un pouco máis o xeito de viviren dos galegos e galegas
-
Relanzos
Programa divulgativo sobre a actividade culturalque se realiza nas vilas galegas
-
Ribeiras de salitre
Serie documental que a TVG dedica a vida dos portos galegos e que conduce Xosé Henrique Rivadulla Corcón
-
Ruta amodiño por...
Programa que percorre as principais cidades galegas, tanto os seus núcleos urbanos como os arrabaldes, para amosar a imaxe única e impactante das rúas baleiras de xente, no confinamento por mor da emerxencia sanitaria.
-
Sen barreiras
Programa divulgativo que ten como obxectivo visibilizar as barreiras físicas xunto coas emocionais que impiden a moitas persoas desenvolver as súas vidas sen necesidade de terceiros
-
Street Down
Pablo e Pedro son os condutores de 'Street Down', un programa da TVG que busca ver o mundo con outra mirada. Convértense en protagonistas e ofrecen á audiencia a súa visión da realidade. O protagonismo directo sen filtros de dúas persoas adultas con síndrome de Down.