Programas
Programas coa categoría Divulgativos
-
Imos indo
Xunto a rostros coñecidos da Galega, Quique Morales percorrerá cada unha das etapas que separan Malpica e Fisterra, en que os espectadores descubrirán aspectos íntimos dos convidados e coñecerán xentes da zona.
-
Larpeiros
Programa en que a comida se converte tamén nun pretexto para pasar na tele un tempo divertido igual que na vida cotiá.
-
Latexos da cidade
O programa ten como obxectivo tomarlle o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares nos que traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices.
-
Mellor xuntos
Mellor xuntos é un programa dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas
-
Náufragos
Un programa sobre como segue a vida despois dun naufraxio. Dirixido por Xosé Henrique Rivadulla Corcón
-
No mellor da vida
No Mellor da Vida, presentado por Pepe Capelán, ten o obxectivo de darlles a posibilidade a persoas xubiladas de desenvolver actividades que soñaron facer toda a vida, pero que o seu traballo non llelo permitiu
-
O caderno de Isabel
A cociñeira Isabel Prada percorre as vilas e as aldeas galegas buscando as receitas máis tradicionais e singulares do lugar, amosando os seus ingredientes e, sobre todo, como se preparan
-
O gato con botas
O gato con botas é o encargado de coñecer a vida detrás das cámaras dos invitados. É curioso, preguntón, inquieto, ácido, retranqueiro, inconformista e intrépido
-
O país máis grande do mundo
Espazo dinámico e interactivo que enviará reporteiros cada semana a recunchos dos cinco continentes. O importante non serán os lugares que se visiten, senón as persoas e as súas historias, relatos que se acabarán de construír no estudio coa participación dos espectadores