Programas
Programas coa categoría Divulgativos
-
Estache bo!
Programa presentado por Iván Mariñas. Cada día apréndenos de xeito sinxelo unha receita de cociña, e ao finalizar temos a ficha cos ingredientes que precisaremos para facela.
-
Eu quero ser
Novo programa que quererá coñecer as aspiracións profesionais dos máis pequenos da casa. Na escola é onde se comeza a pensar na profesión dos nosos soños, por iso, “Eu Quero Ser” dará un paso máis facilitándolles aos rapaces a posibilidade de experimentala. Con este cometido, un colexio galego recibirá un antigo alumno. Tratarase dun profesional de éxito que, amais, lles desvelará os segredos do se
-
Expedición Galicia
Un programa sobre supervivencia na natureza e de divulgación sobre a flora e fauna de Galicia. O biólogo Carlos Caraglia pon a proba a resistencia física e mental dos convidados que se lanzan a estas expedicións polos montes galegos
-
Familia de oficio
Historias de familias que levan dedicándose a un mesmo oficio durante xeracións
-
Galegos no mundo
En Galegos no mundo, os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país
-
Galicia 112
Galicia 112 é un espazo de colaboración cidadá que amosará o traballo dos corpo de seguridade, sanitarios e de emerxencias
-
Galicia 4.0
'Galicia 4.0' ten o obxectivo de promover o tecido empresarial galego e falar de produtos e servizos coa etiqueta 'made in Galicia'.
-
Galicia On
Galicia On é un programa que presenta a cultura innovadora nos sectores produtivos galegos
-
Grandes lugares
Un percorrido por distintos lugares, aldeas e vilas de Galicia para coñecer os seus habitantes, costumes e peculiaridades
-
Hai que mollarse
Serie documental que retrata a paixón polo mundo da pesca. Cada capítulo céntrase no seguimento dun protagonista ao longo dunha xornada, desde a marcha cara ao río ou o mar, así coma os éxitos e fracasos durante a súa peripecia diaria
-
Historias de Galicia
Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico. Nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie ten unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.