Programas
Programas coa categoría Divulgativos
-
Cada día un libro
Este programa é un microespazo da Televisión de Galicia no que cada día se recomenda un libro aos televidentes.
-
Camiñantes do noso
En dez capítulos, Rubén Riós, percorre 10 etapas da Vía da Prata, desde A Canda ata Santiago de Compostela, na busca da sabedoría dos máis lonxevos. O percorrido amosa a maxia da ollada dos anciáns e anciás das distintas poboacións polas que pasa o Camiño para destacar os ensinos, as tradicións e as lembranzas deste grupo tan castigado pola pandemia da Covid-19.
Estas píldoras amosan a integr -
Camiños de irmandade
Serie bilingüe, en galego e portugués, en que dous peregrinos percorren o traxecto Lisboa –Fátima - Santiago
-
Criaturas
Reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de Criaturas, que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.
-
Desenredando a Rede
'Desenredando a rede' é un espazo divulgativo sobre a Internet e as novas tecnoloxías.
-
Desexo concedido
Programa presentado por Isabel Blanco que actúa de fada, en que os protagonistas son persoas de calquera idade que ven cumprido un desexo, un soño.
-
Desmontando Galicia
Segredos - Desmontando Galicia
Xeografía e patrimonio, tecnoloxía e espectaculares imaxes en 3D, espazos imposibles e lugares emblemáticos de Galicia. Este programa amosa a nosa comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos na televisión.
-
Doa a doa
Doa a doa é un programa de televisión pensado para manter viva, na pequena pantalla, a tradición oral galega; esas sinxelas historias da vida que moitos de nós coñecemos porque nolas contaron os nosos avós, unha riqueza histórica e documental que se está a perder e que é necesario conservar, pois forma parte da nosa memoria íntima.