Programas coa categoría Divulgativos
-
A cociña de André
O chef André Arzúa está disposto a que a boa mesa nos chegue a todos a través deste novo programa da Televisión de Galicia.
-
A idea construída
Serie documental sobre a obra de diversos arquitectos galegos ou que traballaron en Galicia. Cada capítulo amosa os proxectos e ideas dun arquitecto, así como o xeito en que os realiza.
-
A vida do mercado
Programa que nos achega uns lugares que reflicten, amais de produtos de calidade, os sentimentos dos veciños e veciñas da vila.
-
Actualizad@s
Espazo divulgativo que reflicte a realidade variada de Galicia a través da vida cotiá de galegos e galegas (de toda idade e condición) que teñen cousas que contar.
-
Aéreos
Este espazo dá a coñecer distintos lugares a través das imaxes aéreas para poder observar a beleza tanto natural como arquitectónica desde un sitio privilexiado: o aire.
-
Billete de volta
Programa sobre a emigración, desde a óptica do emigrante que puido regresar a Galicia
-
Botarse ao monte
Botarse ao monte fala de xente de a pé, é dicir, fala da xente que utiliza os pés, que camiña para deixar atrás a rutina e imprime a súa pegada en diversos lugares da nosa xeografía.
O propósito do programa é incentivar o espectador para que saque a cabra que todos levamos dentro e, deste xeito, aprenda a gozar da natureza. -
Cada día un libro
Este programa é un microespazo da Televisión de Galicia no que cada día se recomenda un libro aos televidentes.
-
Canto vale?
Para saber cal é o valor das cousas e satisfacer todas as nosas curiosidades, desde o cotián ao excepcional, do rural ao urbano, do alternativo ao convencional, do emerxente ao consolidado, nace o programa“Canto Vale?” para dar resposta aos nosos gustos, sen renunciar aos nosos soños.
-
Casamos! A historia de amor de...
Docusoap sobre historias de amor que acaban en casamento.
-
Conexións
Unha aposta semanal pola divulgación sobre os últimos avances no coñecemento, a tecnoloxía e a innovación en Galicia.
-
Cos pés na terra
Cos pés na terra reflicte a vida das persoas que cren no campo e viven del
-
Criaturas
Reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de Criaturas, que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.
-
De viaxe
Unha alternativa para coñecer Galicia a fondo. Esta é a opción para os que non rexeitan viaxar e explorar. Tal é a proposta do novo espazo De viaxe.
