Programas coa categoría Culturais
-
A miña famosa familia
Programa de historia baseado na xenealoxía. En cada programa vemos como un cidadán "normal" fai un percorrido pola súa árbore xenealóxica para descubrir que, sorprendentemente, está emparentado cun "famoso" ou "famosa" histórico; alguén que o convidado nunca imaxinou que puidese formar parte da súa familia.
-
Cultura 10
En Cultura 10 recóllense desde as expresións máis clásicas como a arte ou a literatura, ata acontecementos como festivais de cine; novas formas de expresión como a vídeo creación ou manifestacións máis tradicionais, incluso a gastronomía e opcións de turismo.
-
Do alén á terra
Un achegamento ás casas construídas en Galicia polos emigrantes que estiveron en América, onde se reflicte a influencia arquitectónica e de estilo das construcións indianas.
-
Libro aberto
Programa que nace para contribuír ao fomento da lectura e apoiar o traballo dos escritores e máis das editoriais galegas.
-
Made in Galicia
Serie documental que mostra o reto que supón, para integrantes do colectivo inmigrante instalados en Galicia, a aprendizaxe dun oficio vinculado á tradición galega.
-
Palabra de autor/Palabra de autora
De luns a venres, PALABRA DE AUTOR, PALABRA DE AUTORA achegará as publicacións en galego máis recentes e contará coas versións do seu autor ou autora.
-
Terra e vento
Percorrido por Galicia comarca a comarca cunha visión aérea. Cada programa informa da riqueza económica, paisaxística, histórica e social de dúas comarcas galegas. Ademais, unha avoa e seu neto, levados polo afán viaxeiro, contan as súas visións particulares e percepcións do que van coñecendo nas súas viaxes.
-
Terras de acolá
Terras de acolá afonda en aspectos como a historia, a lingua, os costumes, o folclore, as tradicións, a xente e as particularidades etnográficas dos pobos. Mantén un espírito divulgativo que pretende chegar a todo tipo de público.
-
Zigzag Diario
Programa da canle autonómica que achegará aos espectadores galegos toda a actualidade cultural.