CRTVG

Buscar

Canto vale?. Cap. 13

04/02/2012 - 16:15 h
Canto vale?. Cap. 12
28/01/2012
15:30 h
Canto vale?. Cap. 11
21/01/2012
15:30 h
Canto vale?. Cap. 10
14/01/2012
15:45 h

Canto vale?

Horas de emisión:

Lu
Ma
Me
Xo
Ve
Sa
  • 15:25 / 16:10
Do

Para saber cal é o valor das cousas e satisfacer todas as nosas curiosidades, desde o cotián ao excepcional, do rural ao urbano, do alternativo ao convencional, do emerxente ao consolidado, nace o programa“Canto Vale?” para dar resposta aos nosos gustos, sen renunciar aos nosos soños.

Porque quen non soña con darse un luxo e gozar coma un marqués aínda que sexa por unha vez na vida? O novo programa intentará responder a inquedanzas do tipo: canto custará ese chalé soñado con vistas ao mar, comer nun restaurante con estrela Michelín ou mercar unha crema para as engurras, nun percorrido por toda Galicia para achegarnos diferentes ámbitos do luxo: as tendas máis exclusivas, os hoteis con máis encanto, os iates, conservas delicatessen, todoterreos, xoias, etc.

O programa estrutúrase arredor de diferentes reportaxes para coñecer espazos e negocios ao alcance de poucas tarxetas de crédito, de tal xeito que ata o final de cada peza non se saberá a suma total do que se gastou en cada un dos lugares visitados.

    

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Canto vale? á carta