Camiños de irmandade
Serie bilingüe, en galego e portugués, en que dous peregrinos percorren o traxecto Lisboa –Fátima - Santiago. O protagonista é o actor galego Rubén Riós. Na ficción, o personaxe de Daniel, interpretado por Riós, é un actor galego que ten que presentar e dirixir un documental sobre o Camiño Portugués porque a súa moza Inés (Raquel Espada) é a produtora do proxecto. Sen moito entusiasmo, Daniel viaxa a Lisboa sen a súa moza para comezar a rodaxe.