CRTVG

Buscar

O Couto

26/04/2016 - 22:30 h
A Arnoia
19/04/2016
22:30 h
As Encrobas
12/04/2016
22:30 h
Vilatuxe
05/04/2016
22:30 h

Buscando Ardebullo

"Buscando Ardebullo" é un espazo conducido polos actores Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, máis coñecidos polos seus papeis como"Mucha e Nucha" e "As Cantareiras de Ardebullo", e mais por Manolo Pereiro, pai de Marcos, que será o terceiro pé do novo trío.

Os tres viaxan por toda Galicia na procura dese lugar idílico do seu maxín, esa aldea marabillosa onde sempre quererían estar: Ardebullo.

O programa está baseado en tres elementos: unha viaxe, unha gala e un lugar. En cada vila que visitan, Touriñán e Pereiro ofrecen un show que conta sempre coa espontaneidade e o humor que caracteriza os dous actores.

Con respecto á viaxe, os tres protagonistas aproveitan para dar a coñecer o lugar, os seus habitantes e as súas propias vivencias. Todo co fin de descubrir se Ardebullo se atopa alí. Manolo Pereiro ameniza o programa co relato das incribles historias que lle aconteceron na súa vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Buscando Ardebullo á carta