CRTVG

Buscar
Santa Isabel

Santa Isabel

06/01/2019 - 20:15 h
Bayonnaise
30/12/2018
20:15 h
Aries
23/12/2018
20:00 h
Blas de Lezo
16/12/2018
20:15 h

Buscadores de naufraxios

Serie documental que mestura historia, épica e aventura a partes iguais. En cada capítulo, mergullarase nas costas galegas a ducias de metros de profundidade para atopar un barco afundido, exploralo e evitar que a súa historia se perda baixo o mar.
Galicia pode presumir de agochar un dos patrimonios subacuáticos máis importantes do mundo, non en van as principais rutas de navegación da historia pasaron pola nosa costa. Desde maxestosos galeóns do século XVI, pasando por cruceiros de luxo de principios do século XIX ata grandes mercantes sucaron as augas galegas ao longo dos séculos. E moitos naufragaron nelas. 
Tres mil son os naufraxios rexistrados. Tres mil historias, tres mil traxedias esquecidas. Os restos destes barcos aínda descansan no fondo do mar e están accesibles para uns poucos mergulladores, pero ocultos para a maioría de nós

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Buscadores de naufraxios á carta