CRTVG

Buscar

David Otero, Xabier Vizcaíno e Orquestra Pontevedra

X.M. Piñeiro recibe unha sorpresa polos seus 25 anos na TVG da man de Gloria Ferreiro e X.M. Gayoso

22/04/2017 - 22:00 h

Bamboleo

"BAMBOLEO" é un programa con música e baile, presentado por Xosé Manuel Piñeiro. No estudio de gravación distínguense cinco sets, cunha presenza de público próxima ás 200 persoas, e diferentes actuacións con artistas das máis variadas procedencias e experiencia. Neste novo programa, dirixido a unha audiencia de todas as idades, gozarase da música de grupos pop galegos do máis actual e en voga, como "Eladio y Los Seres Queridos" ou "A Tuna Rastafari", que acudirán nos primeiros programas; das orquestras máis importantes de Galicia, e os sons de artistas de fóra, como David Civera, Merchi ou Andy & Lucas. Serán algo máis de dúas horas de programa, onde destacarán enxeñosas seccións: Agora ou Nunca ofrece unha última oportunidade para que sobresaian artistas descoñecidos en televisión; Dirty Dancing propón un baile interxeracional, con exhibición de bailes de salón; Ghaliñeiro son vídeos divertidos extraídos da Rede; A ITV do Amor é un test para parellas de namorados que pensan casar ou ir vivir xuntos; Falabarato achega bromas con cámaras ocultas, e Faino Ti converterase nunha divertida proposta de intercambio de tarefas para parellas consolidadas.

Os programas de Bamboleo en Máis Á Carta

 

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
lauraixa #1
05/05/2015 10:05:29
Boas!! Queria propoñerlle o programa, q levase a orquestra ALIANZA para que a vexan os telespectadores e se faga un pouco mais coñecida sobretodo hacia a zona de Pontevedra e A Coruña. Bueno que os vexan e os coñezan, xa que hai compoñentes que antes estiveron en outras orquestras coñecidas como a orquestra pontevedra, grupo master, olimpus... gracias

Bamboleo á carta