Blas Cantó, Nastasia Zürcher e a orquestra Israel
'Bamboleo' trae un espectáculo cheo de marcha e chega disposto a levantar do asento todo o persoal coa orquestra Israel, Blas Cantó, Nastasia Zürcher e os bailaríns Nuno e Nagyla.
Bamboleo
Bamboleo é un programa con música e baile, presentado por Xosé Manuel Piñeiro orixinalmente por Xosé Manuel Piñeiro e actualmente por Lucía Regueiro. No estudio de gravación distínguense cinco sets, cunha presenza de público próxima ás 200 persoas, e diferentes actuacións con artistas das máis variadas procedencias e experiencia. Neste novo programa, dirixido a unha audiencia de todas as idades, gózase da música de grupos pop galegos do máis actual e en voga, como "Eladio y Los Seres Queridos" ou "A Tuna Rastafari", das orquestras máis importantes de Galicia, e os sons de artistas de fóra, como David Civera, Merchi ou Andy & Lucas. Son algo máis de dúas horas de programa, onde destacan enxeñosas seccións: Agora ou Nunca ofrece unha última oportunidade para que sobresaian artistas descoñecidos en televisión; Dirty Dancing propón un baile interxeracional, con exhibición de bailes de salón; Ghaliñeiro son vídeos divertidos extraídos da Rede; A ITV do Amor é un test para parellas de namorados que pensan casar ou ir vivir xuntos; Falabarato achega bromas con cámaras ocultas, e Faino Ti, unha divertida proposta de intercambio de tarefas para parellas consolidadas.
Galería de imaxes
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
