Auga seca
Este thriller sobre o tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial está realizado en coprodución coa RTP e rodado entre Vigo e Lisboa.
Auga seca, drama policial enmarcado no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, é a primeira serie en galego que accedeu ao exclusivo Mipcom de Cannes, está coproducida pola galega Portocabo e SP-i, a produtora de televisión máis importante do país veciño, e vai ser distribuída internacionalmente pola británica DCD Rights.
A trama cargada de xiros e sorpresas supón unha nova colaboración entre a TVG e a RTP, canles que manteñen lazos estreitos, despois de coproducir tamén as series Vidago Palace e Verão M e programas como Camiños de irmandade e especiais de Aquí Galicia e Aquí Portugal.