CRTVG

Buscar

Óscar e Teresa

05/10/2016 - 01:00 h
Carlos e Laura
27/09/2016
00:45 h
Lorena e André
20/09/2016
00:45 h
Natalia e Diego
14/09/2016
01:00 h

Amor na rede

Amor Na Rede é un programa de entretemento cun claro obxectivo: axudar aos seus protagonistas a atopar parella.

O asesoramento de psicólogos expertos na busca de parella (dating) e o emprego de redes sociais e test de intimidade, dotan ao formato dunha identidade propia. Ao mesmo tempo o programa é unha excelente oportunidade para divulgar técnicas correctas e efectivas á hora de buscar alguén compatible.

O emprego de actividades imaxinativas e lúdicas á hora de provocar os encontros entre as parellas, e sobre todo no momento de traballar as compatibilidades, confiren ao programa un ton positivo, divertido e ameno.

Os protagonistas

Os protagonistas son persoas de todas as idades que no momento presente, e polos máis diversos motivos, non teñen parella. A todos os impulsa un sentimento común: están dispostos a dar un paso adiante co fin de atopar á parella ideal, esa persoa que os vai entender, complementar e querer, e o coa que, chegado o caso, poidan mesmo formalizar unha relación estable.

Outro aspecto clave que comparten os protagonistas de Amor Na Rede é o bo humor. Porque atopar parella non é doado e van ser moitos os atrancos que atoparemos no camiño. A experiencia ensínanos que nestas lides debemos armarnos con boas doses de paciencia, tolerancia e simpatía.

A estrutura

O programa artéllase cunha estrutura de formato “couching” e integra testemuñas de amigos e familiares e un climax final no que se decide si aparella sigue xunta ou non.

Con todo o programa non renuncia á rigorosidade, nin a unha función social e didáctica co fin de dotar aos espectadores de ferramentas concretas á hora de buscar parella na rede.

  • Análise do perfil da protagonista. Coñecemento da súa historia e avaliación da súa personalidade.
  • A protagonista definirá a súa personalidade nunha proba de confianza.  
  • O coprotagonista é proposto polo equipo asesor do programa, logo de realizar os debidos test de compatibilidade.
  • Ambos reciben asesoramento co fin de reforzar aspectos positivos, pulir eivas, e dotar á potencial parella, de claves que faciliten o coñecemento mutuo. Todo isto sen que ningún deles renuncie en ningún momento á súa personalidade.
  • Proba de compatibilidade. Unha intervención explícita, a modo de proba, na que ambos deberán superar atrancos da vida en común e da que poderán tirar conclusións directas do comportamento do outro. En todos os casos as probas están caracterizadas polo bo humor.
  • No contexto dunha cea romántica os protagonistas revelan a súa decisión. O programa pode acabar cunha parella que manifesta o seu amor, e con ganas de iniciar unha relación estable... ou todo o contrario. En calquera caso os participantes pasaron por unha experiencia que lles vai axudar no seu futuro sentimental.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Amor na rede á carta