CRTVG

Buscar

En Tenerife

17/10/2017 - 22:30 h
En Sevilla
10/10/2017
23:50 h
En Valencia
03/10/2017
22:30 h
En Madrid
26/09/2017
22:30 h

ADN galego

O espazo, producido para a TVG por Portocabo, viaxará por todo o territorio español para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares.
Os protagonistas serán homes e mulleres, novos e vellos, xente anónima e de sona, urbanos e rurais, expertos no lugar e acabados de chegar. Da súa man, o equipo do programa irá aos sitios máis auténticos e fará o que é máis propio do lugar, mentres vai sabendo da súa vida, do seu traballo, da súa familia, do que os levou alí, do que os fixo quedar, do que a súa nova terra lles deu e do que eles lles achegaron desde Galicia. Os espectadores verán o territorio cos seus ollos, tan distintos aos do turista ou o viaxeiro ocasional.
“ADN Galego” buscará tamén en cada programa contar a pegada histórica que deixaron os galegos nos seus lugares de acollida e a repercusión social que tiveron ao longo dos anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

ADN galego á carta