Adiviña quen vén esta tarde
‘Adiviña quen vén esta tarde’ é unha aposta decidida pola televisión en directo, coa participación activa do público desde distintos lugares da nosa xeografía, entrevistas curiosas, reportaxes, música en directo e coa colaboración en cada edición dun personaxe famoso que agochará a súa faciana.
Cada tarde, de luns a venres, os presentadores Lucía Rodríguez e Fran Cañotas están acompañados por un pianista, quen porá a banda sonora ao programa e convidará ao público a que se achegue ata o set e participe no espazo.
‘Adiviña quen vén esta tarde’ terá cada día un convidado especial, un personaxe famoso da nosa terra que os espectadores irán descubrindo ao longo do espazo coas pistas dos presentadores. Actores e actrices, cantantes, deportistas, cociñeiras e cociñeiros... o invitado pode ser calquera, e ese é o xogo que lle propón o programa á audiencia da Televisión de Galicia.
Mentres isto pasa no set principal, o resto dos reporteiros estarán espallados polos distintos puntos da xeografía galega para non perder detalle de todo o que ocorra. As cidades e vilas das catro provincias serán protagonistas en cada edición para gozar destes meses de verán.