CRTVG

Buscar
Capítulo 80: Historia do Santoña

Capítulo 80: Historia do Santoña

Neste último capítulo as viúvas do Santoña mostran como cambiaron as súas vidas dende o día en que recibiron a noticia do naufraxio do navío.

18/12/2007 - 00:00 h

A vida por diante

Horas de emisión:

Do
  • 00:45 / 01:45

Na vila mariñeira de Sada, cinco mulleres moi distintas quedan unidas polo naufraxio en que os seus homes perden a vida. Sofía, Aurora, Lucía -a muller do patrón-, Renata e Marta -a filla do armador- crean xuntas a vida despois da traxedia.

Coa chegada do mes de xuño e a costeira da anchoa, os seus homes fixéranse ao mar no barco Santoña, que naufraga, e só sobrevive un dos cinco mariñeiros.

Cinco viúvas moi diferentes que se erguen, que seguen coas súas vidas e as rescatan despois de derrubarse o seu mundo, perdido no fondo do mar. Logo da noticia do afundimento, as viúvas teñen que facerse cargo da situación e tirar cara a adiante coas súas familias. Lucía asume o papel de voceira das viúvas que, a partir dese momento, teñen que aprender a vivir por elas mesmas.

A vida por diante é un canto á esperanza, á loita e á forza que expresan as mulleres dos mariñeiros, unha homenaxe ao seu instinto, rescatado do fondo do mar.
Son moitas as sorpresas que agardan á audiencia e moitas as vivencias que esperan ás protagonistas da serie.

A vida por diante á carta