CRTVG

Buscar

Cap. 13. A praza de abastos de Lugo (21/04/2012)

21/04/2012 - 15:30 h

A vida do mercado

Horas de emisión:

Lu
Ma
Me
Xo
Ve
Sa
  • 17:10
Do

Entrar e percorrer prazas e mercados como espazos físicos onde latexa a vida das vilas e cidades galegas, para compartir a realidade dos que aman profundamente os produtos da terra cos que traballan, é o propósito de "A vida do mercado".    

Esta serie documental deixa falar os auténticos protagonistas que conviven nestes espazos e que conteñen o sentimento de cada mercado, nun universo vital moi variado que conforman unha peixeira, un carniceira, unha froiteira, un panadeiro ou unha florista, así como xente que traballa en postos auxiliares, como limpadores, administrativos, conserxes, sen perder de vista os clientes que forman parte da vida do mercado, que tamén nos contarán as súas vivencias e recordos.

Pero como o mercado é tamén un foco que proxecta a súa influencia na zona da vila onde se atopa, saberemos tamén da vida arredor doutros postos comerciais que se emprazan preto del, como restaurantes, lonxas ou ganderías. A viaxe pola vida dos mercados levará ata prazas e vilas moi diversas, desde pequenos núcleos ata cidades:

-Ribadeo, coa amabilidade das mariñas
-Carballiño, co valor do propio
-Ourense, coa calor humana
-Pontevedra, unha gran familia
-Portonovo, cos sentimentos mariños
-Praza de Lugo, na Coruña, co lema “Vivir na Coruña que bonito é”
-Carballo, coa harmonía entre o mar e a terra
-Mercado das Travesas de Vigo, aposta polo futuro
-Ferrol, co aroma da elegancia
-Santiago de Compostela, co sentimento hospitalario
-O Porriño, coa música da terra
-Bueu, ao ritmo das ondas mariñas
-Lugo, coa vixencia da tradición

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A vida do mercado á carta