A Solaina (18/05/2012)
18/05/2012 - 18:00 h
A Solaina
A Solaina inicia a nova tempada potenciando a súa fórmula próxima, entretida e participativa. Os novos presentadores Sevi Martínez e Beatriz Manjón recollerán o testemuño de Sonia López e Ricardo Pardo, que durante o verán conduciron a edición estival do programa.
Os contidos básicos nesta nova andaina do programa estarán conformados por faladoiros de temas sociais, coa participación de xente da rúa; concursos de preguntas vía telefónica, en que se regalarán entradas para eventos especiais; e promoción de novos talentos, como humoristas, magos, cantantes ou contacontos. Ademais, o espazo da TVG estará cada día en directo nun punto de Galicia diferente, buscando iniciativas cidadás. “A Solaina” amais contará cun apartado con información útil relacionada co consumo, onde se intentará responder ás dúbidas que se formulan día a día os cidadáns.
A revista coordinada por Xulia Campo contará cunha ampla nómina de colaboradores, entre os que figuran Tonhito de Poi, Isi, o cantautor Pepe Capelán, Juan Fuentes, Ricardo Pardo, Sonia López, o meteorólogo Santiago Pemán e a parella de baile formada por Manuel Trillo e Anastasia. Xacobe Pérez, Carmen Arias, Susana de Boiro e Chelo do Rejo tamén colaborarán de xeito ocasional no programa.

Valoración
samueros
#1
27/07/2011 15:36:53
estiben buscando a programa de onte de a solaina de veran e non o encontrei , parece fatal xa que o ultimo video publicado ,e de fai máis de un mes , e como usuario deixo aquí a miña queixa