CRTVG

Buscar

A Revista da tarde

28/06/2013 - 18:55 h
A Revista da tarde
27/06/2013
18:55 h
A Revista da tarde
26/06/2013
18:55 h
A Revista da tarde
25/06/2013
18:55 h

A Revista da tarde

A Revista da Tarde é a grande aposta dos servizos informativos para esta nova tempada, un programa de tipo magazine onde, ao igual ca no resto de edicións de “A Revista”, a da mañá e a da fin de semana, a información en directo será un contido fundamental, como tamén as reportaxes e os convidados no estudio de gravación.

Este novo espazo, que se emitirá de luns a venres de 19.00 a 20.15 h. e que presentará Quique Morales, atenderá en todo momento á actualidade, pero buscará un tratamento dos temas pensando máis no entretemento, na análise e no desenvolvemento amplo que non adoita ser posible nun informativo.
   
Aínda que non perderá de vista o que acontece no resto do mundo, “A Revista da Tarde” buscará sempre temas relacionados con Galicia, a información do máis próximo, as historias dos galegos e galegas. Deste xeito, un amplo equipo de reporteiros e reporteiras traballarán por toda a comunidade achegando as historias de aquí, contadas do xeito máis interesante posible.

Unha sección importante do programa, de carácter diario, será a do consultorio, onde expertos de todo tipo intentarán contestar as cuestións que vaian formulando os espectadores. Outra novidade é que o presentador non só estará no estudio, senón que acudirá entrevistar os persoeiros que interesen alá onde estean, na súa casa ou nos seus lugares de traballo e de ocio. A programación da Televisión de Galicia será outra das preocupacións de “A Revista da Tarde”, que tamén estará moi atenta á actualidade na Internet e nas redes sociais.

Coa posta en marcha deste novo espazo, a TVG crea, ao igual ca na faixa da mañá, un amplo bloque informativo que comeza con “A Revista da Tarde”, segue coa información local, co “Galicia Noticias Serán” e, finalmente, coa segunda edición do “Telexornal”. Ademais, as tres edicións de “A Revista” traballarán en conxunto para non perder nada do que pase en Galicia, con información de proximidade, de aquí e para aquí.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
russosenior #1
18/02/2013 12:01:56
Vejo o programa A Revista da Tarde diariamente e encontro-me a sul do Porto, Portugal. Um excelente programa informativo. Feito de forma muito profissional, objectiva e descontraída. Parabéns a Quique Morales e um beijinho para a Iria Soengas, muito preciosa. Luis Cruz
PacificRiver #2
23/03/2013 13:58:04
Acabo de ver o comentario do voso "crítico" de cine e acabo de quedar abraiado. Dixo que non lle gustaba Meryl Sreep. Tiven que sentarme e asimilar dita información do que dixo un "suposto" crítco de cine. Unha das mellores actrices de cine da historia e atrévese a ter a cara de decir, diante das cámaras, que non lle gusta. Vamos, tedes un "crítico" de cine de calidade, non volverei a escoitar nada do que diga. Saúdos.

A Revista da tarde á carta