A porta aberta
Cada programa está dedicado a unha asociación e trata de abarcar todos os sectores da sociedade en todo o territorio galego. Falamos con asociados, traballadores e persoas que se benefician do traballo destas entidades e mostramos os diferentes proxectos que levan a cabo. Trátase de que o espectador coñeza as súas actividades, a súa filosofía e o seu patrimonio humano.