Compartir en Facebook

A guerra

Serie documental sobre a Segunda Guerra Mundial, dirixida e producida por Ken Burns e Lynn Novick, que participou na sección oficial do Festival de Cannes e foi elixida como Mellor Documental no 33 Festival de Cinema Americain, DeAuville.

A Segunda Guerra Mundial deixou nos Estados Unidos un legado de historias. As persoas que serviron como militares no estranxeiro e as que experimentaron na súa propia terra foron transformadas para sempre. Moitas das historias pertencen aos neoiorquinos, os pais e avós da xente que compón o gran mosaico da rexión metropolitana de Nova York hoxe en día.

Ao longo de 14 capítulos, cóntase a historia da Segunda Guerra Mundial a través dos relatos dun grupo de homes e mulleres de catro cidades americanas. A serie explora a humanidade íntima deste tempo tráxico na historia e demostra que en tempos extraordinarios, non hai vidas ordinarias.

En todas as escenas de batalla, a metraxe histórica dramática e as fotografías son mesturadas extraordinariamente con efectos de son realistas. O filme honra o sacrificio dunha xeración de americanos que viviron marcados pola que sempre será coñecida sinxelamente como "A Guerra".

O primeiro capítulo transcorre desde decembro de 1941 ata marzo de 1942. O ataque xaponés a Pearl Harbor en decembro de 1941 empuxa os Estados Unidos ao cataclismo global que finalmente tocará a cada familia, en cada rúa e en cada cidade en América.

A raíz deste ataque e en moi poucos meses millóns de mozos foron recrutados polas forzas Armadas e adestrados para entrar en guerra.

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.