CRTVG

Buscar

A flor de pel

03/01/2013 - 22:45 h

A flor de pel

Historias que chegan ao corazón, que emocionan, que poñen os pelos crespos, que producen tenrura, tristeza, pranto ou alegría, en definitiva, que fan que non quedemos como estabamos. Isto é o que ofrecerá hoxe o programa especial da TVG “A Flor de Pel”, que pretende chegar aos espectadores con historias en que os protagonistas espirán os seus sentimentos para compartilos con eles. Unhas veces contarán unha historia triste, outras compartirán a súa alegría e outras transmitirán esperanza e fe no futuro, tantas situacións, en definitiva, como hai na vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A flor de pel á carta