CRTVG

Buscar

A familia Pita

A acción céntrase na casa dunha viúva acomodada, a señora Pita. A vivenda convértese, por diversas circunstancias, no fogar de xente moi diferente. Alí vive Don Arturo, un catedrático expulsado da universidade, quen agora continúa os seus experimentos desde a intimidade do seu cuarto. Hanna, unha atractiva estudante alemá fascinada por Galicia, que ultima a súa tese de doutoramento sobre a nosa terra. Con eles, Manuel, un perpetuo opositor que conta os seus intentos por fracasos e que vive permanentemente namorado das mulleres; é vago para os estudos e sempre está disposto a pedir cartos para iniciar algunha aventura ruinosa. O mundo da señora Pita complétase con Lola, unha atractiva amiga que dirixe a papelería instalada no portal do edificio; e con Primitivo, seu único fillo, un rapaz de dezaoito anos, que se resiste a abandonar o contraditorio, voluble e, ás veces, exasperante universo da adolescencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A familia Pita á carta