A dama de Troia
Título orixinal: La dama de Troya
País: Colombia
Ano: 2008
Reparto: Cristina Umaña, Andrés Juan, Rolando Tarajano, Valentina Acosta, Rodolfo Valdez, Adriana Ricardo, Angeline Moncayo, Ronald Ayazo, Gerardo de Francisco, Carolina Sabino, Mauricio Figueroa, Pedro Falla, Myriam de Lourdes, Roberto Cano, Estefanía Godoy, Jorge Cárdenas, Claude Pimont, Marcela Agudelo, Bárbara Perea, Nicole Santamaría, Lina Angarita, María Fernanda Martínez, Yuri Vargas, José Narváez, Daniel Rocha, Jairo Ordóñez, Hermes Camelo
Telenovela colombiana que relata a historia de Patricia Cruz, unha muller que xa non lle teme a nada, convertida agora nunha vaqueira recia, capaz de someter a un xato por si soa e de montar un cabalo con extraordinaria habilidade. Pero o seu pasado é todo un drama. Logo de varios anos de permanecer agochada nun rancho, volve á vila chaira de Porto Dourado, onde percorre as rúas ateigadas de xente para levar a cabo a súa vinganza sobre un home poderoso empeñado en destruír a súa vida.<br><br>
Atrás quedou a moza inxenua que casou con Humberto, un campesiño humilde, quen cometeu un só erro: oporse á vontade de Antonio De La Torre, o gandeiro máis importante da rexión, multimillonario, propietario da facenda “A Dourada” e dono e señor de Porto Dourado. Antonio cobrou con sangue a afronta de Humberto, que non lle quixo vender as súas terras para construír un moderno frigorífico. Na noite de vodas, cando Patricia e Humberto ían consumar o seu matrimonio, Antonio chegou cos seus homes encapuchados e obrigaron a Humberto para que asinase as escrituras, rematando coa súa vida.<br><br>
Cando Patricia regresa para pescudar quen fora o autor das atrocidades cometidas polo poderoso gandeiro, Antonio xa manipulara o notario e a outras autoridades, polo que Patricia non puido descubrir nada. Aínda que o destino lle ten preparada unha xogada incrible: nas carreiras de cabalos, coñece a Sebastián, un mozo impetuoso e competitivo que acaba de chegar da capital ao rematar a carreira de Económicas. A atracción é mutua pero os seus temperamentos fortes chocan, desencadeando varios conflitos. Sebastián namórase de Patricia, moi diferente a Nena, a súa prometida, con quen ía casar ao rematar os estudos. Ningún dos dous sospeita que esa nacente relación encarna a orixe de todos os seus males, xa que Sebastián é o único fillo e a adoración de Antonio De La Torre, o verdugo de Patricia...a vinganza está servida.

