CRTVG

Buscar
Negra sombra

Negra sombra

14/01/2015 - 22:45 h
"Os pendentes"
07/01/2015
22:30 h
Pouca vista
17/12/2014
22:30 h
Pase de modelos
10/12/2014
22:30 h

A casa da Conexa

Humor e entretemento familiar son algúns dos ingredientes principais do novo programa de Mucha e Nucha, "A Casa da Conexa". 

Ao longo de trece entregas, de máis de 1 hora de duración, as irmás máis famosas e divertidas abriránlle á audiencia galega as portas da súa casa para mostrarlles aos espectadores como son as súas vidas, os seus problemas ou a convivencia cos seus veciños en Ardebullo, entre outros avatares que irán xurdindo no seu día a día.

Cada semana veremos a Mucha e Nucha en escenas habituais como visitando ao médico, asistindo ás clases de ximnasia, indo de compras ou a convivencia cos seus veciños. Lugares como os de calquera casa galega: a cociña, o cuarto, o pendello e a horta serán as estancias habituais de "A Casa da Conexa" onde transcurrirá o ir e vir de Mucha e Nucha. Ademais, en cada capítulo tamen haberá tempo para as 'master class' de música, as leccións de inglés, que impartirán elas mesmas, e outras divertidas seccións como “A cociñar con Xosé Ramón”, “Coto Privado”, “Protección Civil” e  “Bricorreciclaxe”. 

Galería de imaxes

A casa da Conexa á carta