15 zona: un día de garda (15/05/2012)

15/05/2012 - 22:15 h
Compartir en Facebook

15 zona: un día de garda

Xusto antes do capítulo de “Matalobos”, emítese“15 Zona: Un día de garda”, guiado por Juan Fuentes, que acompaña cada semana os distintos efectivos da Garda Civil nunha xornada de traballo.

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.
mpg #1
03/04/2012 03:54:32
Gustaríame denunciar publicamente a presenza omnipresente da lingua castelá no programa 15-zona. É inconcibible que as intervencións dos gardas civís castelán-parlantes (que son a gran maioría) non sexan traducidas ao galego. Se temos en conta que máis da metade da Garda Civil se expresa en castelán, o resultado é un programa documental no que o español ten maior presenza que o galego. Traducir ditas intervencións con voces superpostas (como vén facendo a ETB nestes casos) ou mesmo engadir subtítulos, serían dúas solucións para que a audiencia non tivese a impresión de estar vendo unha canle estatal e, sobre todo, para que o galego teña o lugar que se merece na súa terra.