CRTVG

Buscar

Programación

  • 07:00 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 20

  • 07:10 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 21

  • 07:15 h

    CARACOIS: MONSTRO, O

  • 07:20 h

    CARACOIS: BO DÍA, XOANIÑA!

  • 07:25 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 25

  • 07:30 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 26

  • 07:40 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 25

  • 07:45 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 26

  • 07:50 h

    OS BOLECHAS

  • 08:00 h

    OS BOLECHAS

  • 08:10 h

    BRAULIO TUBER

  • 08:20 h

    ABELLA MAIA II, A: OS AMIGUIÑOS DA PRADERÍA

  • 08:35 h

    ABELLA MAIA II, A: THEO

  • 08:50 h

    LIBRO DE FAMILIA: Branca e radiante

    Deli declara seu amor a Telmo, sendo sorprendidos por Lupe bicándose. Román soprende a Telmo con Lupe e ésta decide marchar de Santalla, non sen antes revelar a Freire, a véspera da voda, que Deli e o boticario enténdese.
  • 09:55 h

    LIBRO DE FAMILIA: Zapatos de sete leguas

    Pancho anda preocupado porque ten ilusión por ir á mili e teme que non o chamen. Telmo e Deli, deciden verse ás agachadas para evitarlle a Freire unha humillación. Laura está moi grave.Román ordena a Álvaro que peche a boca de Lupe.
  • 11:15 h

    LIBRO DE FAMILIA: Quitapenas

    Freire que pensa no fillo que non vai ter Deli e, coa súa filla en Venezuela, séntese moi só. Marisiña ten unha idea para que os Cabanas fagan as paces con Freire, levaranlle a Loliño e a Pabliño para que os coide.
  • 12:20 h

    LIBRO DE FAMILIA: Vade retro

    Don Venancio está moi alporizado pola nova moda do cleriman que se está a impoñer en moitas parroquias e pídelle a Marisiña que lle confeccione unha sotana nova. Deli está moi preocupada porque non ten novas de Telmo.
  • 13:30 h

    LIBRO DE FAMILIA: Plus ultra

    Marisiña empéñase en que Pabliño participe no concurso "Plus Ultra" para nenos heroes. Xunto con Elías idea a farsa de que Pabliño salve de afogar a Rosamari e don Venancio sexa testemuña.
  • 14:05 h

    ERA UNHA VEZ...A VIDA: A MEDULA ÓSEA

  • 14:30 h

    ATOMIC BETTY: ATOMIC BETTY 52

  • 15:00 h

    GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 15:30 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TX MEDIODIA REDIFUSION XORDOS 1066

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 16:30 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 22.10.2021

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 16:40 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. Hoxe asisten ao estudio de 'ZigZag' Carme Campo e Ariel Ninas para falar das propostas que inclúe a primeira edición do Festival Soa Bonaval, en Compostela, entre as que cómpre salientar conciertos, conversas e itinerarios sonoros.
  • 17:05 h

    BONANZA: BONANZA II 167

    Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
  • 18:00 h

    O DEBATE DA G2: O DEBATE DA G2 22.10.2021

    Programa diario, en directo, de análise da actualidade. A xornalista Sabela Romar está acompañada por catro convidados, que esmiúzan a información de carácter político, económico e social. Hoxe interveñen no debate os xornalistas Roi Rodríguez e Carla Reyes; o editor do xornal Mundiario, Xosé Luis Gómez, e o profesor de Dereito e político nacionalista, Carlos Ignacio Aymerich.
  • 18:55 h

    RANTARO, O NINJA PEQUENO: O DIARIO PERDIDO / ENCÁNTANME OS DISFRACES

  • 19:20 h

    RANTARO, O NINJA PEQUENO: O TÚMULO MISTERIOSO / OS ANTEPASADOS DE HAI 300 ANOS

  • 19:45 h

    DORAEMON (844-927): DORAEMON (844-927) 919

  • 20:05 h

    SHERLOCK HOLMES

  • 20:30 h

    SHERLOCK HOLMES: SHERLOCK HOLMES 2

  • 20:50 h

    VOLTRON O DEFENSOR DO UNIVERSO (S.1): O OLLO DO FURACÁN

    Esgotadas tras as últimas batallas, os tripulantes de Coltron deben volver á acción outra vez xa que as tropas de Zarkom descubriron o seu agocho. A pesar de que consiguen fuxir, pronto se decatarán de que o xerador de buracos de verme, que lles serve para evadirse no espazo, empeza a fallar. Unha tormenta cósmica que aparece de repente dará un xiro á situación e suporá un pequeno respiro para os paladíns.
  • 21:15 h

    MYSTICONS: EN BUSCA DA IRA

  • 21:40 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

  • 21:45 h

    TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TX SERÁN REDIFUSIÓN XORDOS 239

  • 22:55 h

    CLAC: A estación violenta

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior. A directora da cinta, Anxos Fazáns, e o actor principal, Alberto Rolán, intervirán no coloquio sobre esta película participada pola TVG, adaptación libre da novela homónima de Manuel Jabois.
  • 23:40 h

    A ESTACIÓN VIOLENTA

    A vida non é inofensiva, pode ser extenuante e frustrante. A Manuel gústalle ser escritor, pero en lugar de iso vive atrapado na súa rutina, incapaz de afrontar as súas emocións. Terá un inesperado reencontro cos seus mellores amigos da adolescencia que fará disparar todas as súas pulsións.
  • 00:45 h

    MOBY DICK

    O capitán Acab é un home misterioso, solitario e intolerante, marcado polas feridas e amputacións causadas algúns anos antes por unha gran balea branca. A súa vida só terá sentido para atoparse outra vez co gran cetáceo e librar contra ela a batalla definitiva.
  • 02:35 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. Hoxe asisten ao estudio de 'ZigZag' Carme Campo e Ariel Ninas para falar das propostas que inclúe a primeira edición do Festival Soa Bonaval, en Compostela, entre as que cómpre salientar conciertos, conversas e itinerarios sonoros.
  • 03:00 h

    ANACOS DE VIDA: Carral

    Presentado por Aser Álvarez e Alba Prol, este novo formato audiovisual está centrado na recuperación da memoria gráfica e oral. O equipo do programa percorrerá diferentes vilas e aldeas de Galicia a bordo dunha máquina do tempo moi especial, para descubrir as pequenas e as grandes historias que se agochan tralas fotos antigas dos arquivos familiares. A máquina do tempo de ‘Anacos de Vida’ chega hoxe a Carral, onde os espectadores descubrirán os segredos do seu famoso pan.
  • 03:55 h

    GALICIA EMERXE: The Soul Jacket

    Ciclo de 50 concertos de destacados artistas e grupos galegos. Esta iniciativa é froito dunha colaboración da CRTVG con Agadic para apoiar o sector musical e contribuír a visibilizar o seu traballo, moi afectado polas restricións sanitarias. O grupo vigués The Soul Jacket presenta este mércores en 'Galicia Emerxe' a súa contaxiosa combinación de rock, soul, funk e pop. No concerto desta noite, interpretarán temas do seu quinto disco, ‘Let me stand’, un dos seus traballos máis diversos.
  • 04:30 h

    OS CANTOS ROLADOS: Dani / Eladio y los Seres Queridos / Carlos Childe

    Programa que revisa a situación actual de todo tipo de músicas no país. Presenta Antonio Novo Suárez ‘Tucho’.
  • 05:10 h

    AS LUCES: Pilar García Rego e Javier Olleros

    Programa de cultura e diálogo, presentado por Xosé Carlos Caneiro. 'As Luces' propón hoxe un encontro entre a xornalista Pilar García Rego e o cociñeiro Javier Olleros.
  • 06:10 h

    GALEGOS NO MUNDO: Budapest

    Coñecida como a “Cidade dos Balnearios” por ser a capital que dispón de máis pozos de augas termais e medicinais do mundo, un total de 80 mananciais xeotérmicos. Así é Budapest, a cidade que hoxe visita o programa “Galegos no Mundo”, que se converteu nunha cidade única en 1873, cando se uniron Buda, Óbuda e Pest, a ambas beiras do río Danubio. Os protagonistas de hoxe son Cristina Blanco, Diego Pernas, Simón Castiella, Carmen Rodríguez e Rosa Parra.