CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:30 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.
  • 10:00 h

    ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 203

    O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores.
  • 10:25 h

    QUEN ANDA AÍ? VERÁN

    Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen anda aí?', que presentan Eva Iglesias, Fran Cañotas e Marcial Mouzo.
  • 12:35 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". O espazo coñece como está sendo a experiencia dunha veterinaria coruñesa en Oriente Medio e asiste a unha escola de Prado Surf nas Rías Baixas.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 15:15 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 17.08.2022

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:35 h

    O TEMPO

  • 15:45 h

    QUEN ANDA AÍ? VERÁN

    Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen anda aí?', que presentan Eva Iglesias, Fran Cañotas e Marcial Mouzo.
  • 18:55 h

    QUEN CANTA AQUÍ?: QUEN CANTA AQUÍ? 37

    Espazo que percorre Galicia e convida o público a competir cantando en formato karaoke. Presentan os recoñecidos cantantes de orquestras César Romero e Laura Añón, que achegarán a súa simpatía, talento e coñecemento de primeira man do mundo do espectáculo.
  • 19:55 h

    É HORA DE FESTA: Festa do Pemento de Herbón

    Programa fresco e divertido que percorrerá durante este verán unha vintena de festas gastronómicas e patronais galegas. A xornada festiva comezou cunha misa campestre na carballeira do convento franciscano de San Antonio (Herbón) e coa bendición dos tractores, que despois realizaron unha procesión agrícola motorizada ata o centro da vila para facer unha ofrenda floral á estatua da 'Pementeira'. Xa de volta no campo da festa comezou a degustación dos afamados pementos de Herbón á que asistiron milleiros de p
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 21:40 h

    O TEMPO

  • 21:55 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES V 299

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Breixo, de Melón; Manolo, de Cambados; Begoña, do Pino; Iago, de Allariz, e Guille, da Coruña, participan por cuarto día no programa. Seguen coa intención de conseguir un bote que xa acumula 48.600 €.
  • 22:35 h

    SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 34

    Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. O aniversario de Noa preocupa a todo o seu círculo, ante a posibilidade de que se marche con Gorka a Bilbao.
  • 23:10 h

    É HORA DE FESTA: Festa do Polbo do Carballiño

    Programa fresco e divertido que percorrerá durante este verán unha vintena de festas gastronómicas e patronais galegas. O programa asiste neste percorrido festeiro ata o concello ourensán do Carballiño, que esta semana pasada viviu a súa Festa do Polbo por todo o grande, cun intenso programa de actividades, que concluíu o domingo coa súa popular romaría.
  • 23:45 h

    É HORA DE FESTA: Festa do Xamón da Cañiza

    Programa fresco e divertido que percorrerá durante este verán unha vintena de festas gastronómicas e patronais galegas. O espazo dará conta da 56 edición desta feira, que enxalza a calidade do xamón galego e que desenvolveu novas edicións do VII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón, con Máster class de corte e cata de viños, e moita música a cargo de orquestras galegas, entre outras actividades.
  • 00:20 h

    QUE CASAS!

    Con 'Que Casas!', a TVG entra nas casas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia da man dos seus propietarios. O programa visita vivendas espectaculares para coñecer un pouco máis o xeito de viviren dos galegos e galegas. O programa amosa vivendas espectaculares en Vigo, Xinzo de Limia, Conturiz, Fisterra e Ourense.
  • 01:15 h

    FESTIGALIANDO: Festival Son Rías Baixas de Bueu

    Programa festeiro, que dá mostra dos concertos que hai no verán galego, achegándose a súa música e ambiente. O espazo amosará hoxe todo o que aconteceu no Son Rías Baixas de Bueu. Tres noites de directos enérxicos e divertidos protagonizaron esta edición do certame, un festexo polo que pasaron grupos como La M.O.D.A., Rayden, Emlan ou Kase.O.
  • 01:45 h

    THE MAD MAX 2: ROAD WARRIOR

    Tras o holocausto nuclear, a gasolina converteuse nun ben escaso e moi cobizado. Mad Max, heroe solitario, inicia unha loita sen cuartel para axudar unha colonia de superviventes constantemente atacada por un grupo de violentos guerreiros que intenta arrebatarlle un tanque de gasolina. Max decide axudar os defensores do tanque.
  • 03:15 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 04:15 h

    MAREAS VIVAS: Esta terra é miña

    Os colexios de Portozás e Cormelle enfróntanse esta vez con motivo dun concurso de preguntas futbolísticas. Como representantes de ambos os dous 'equipos' están Fito e Verónica, polo que terán máis dunha pelexa, deixando á marxe os seus sentimentos.
  • 05:10 h

    MAREAS VIVAS: Delirio pola gaita

    Fito soña con que toca a gaita perfectamente, un pesadelo que se repite, ata confesar que sofre delirio pola gaita, coma o seu avó, e que ata que non a toque ben non poderá descansar.
  • 06:10 h

    ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 203

    O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores.
  • 06:30 h

    QUEN CANTA AQUÍ?: QUEN CANTA AQUÍ? 37

    Espazo que percorre Galicia e convida o público a competir cantando en formato karaoke. Presentan os recoñecidos cantantes de orquestras César Romero e Laura Añón, que achegarán a súa simpatía, talento e coñecemento de primeira man do mundo do espectáculo.
  • 07:25 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

  • 07:30 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.