CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:15 h

    LARPEIROS: O pan é arte

    Receitas de pratos tradicionais galegos e de temporada. Hoxe, devecen por xantar cun saboroso pan de Ousá. Para poder facer sopiñas, os cociñeiros do programa elaborarán unhas albóndegas de pavo en salsa e ademais unha coca de tomate e peixe.
  • 08:55 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 03.12.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A escritora e actriz Antía Otero presenta en ‘Zigzag’ o seu novo poemario, titulado ‘Barroco’.
  • 10:55 h

    48 HORAS PARA O SI: Javi e Abi

    Programa de telerrealidade, presentado pola actriz Iolanda Muíños, que retrata en 48 horas unha petición de man e a organización dunha voda sorpresa, no caso dunha resposta favorable. A parella protagonista hoxe en '48 horas para o si' amosa como a diferenza de idade non é traba para o amor. Tras catro anos de relación e unha filla en común, Javi sorprenderá a Abi cunha petición de man no programa.
  • 12:35 h

    LABRANZA: LABRANZA 1642

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:20 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 03.12.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    NO FOCO: NO FOCO 03.12.2022

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 15:45 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 03.12.2022

  • 15:50 h

    CARBALLEIRA: CARBALLEIRA II 19

    María Mera percorre Galicia con ‘Carballeira’, un programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. O programa adentrarase esta tarde na vida do concello coruñés de Rois.
  • 18:05 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Mondariz Balneario-Mondariz

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. 'Sen Código Postal' visita esta semana dous concellos de Pontevedra que hai anos eran un: Mondariz e Mondariz Balneario.
  • 19:15 h

    GALICIA DE 20 A 20: Etapa 6: Mondoñedo-Lugo

    A TVG segue con este programa os pasos de Ruth Matilda Anderson, a fotógrafa americana que nos anos 20 do século pasado percorreu toda Galicia e capturou preto de 7.000 imaxes fundamentais para entender quen somos. Cen anos despois, a actriz e directora Sonia Méndez, xunto coa fotógrafa Leticia T. Blanco, viaxarán pola Galicia dos nosos anos 20 para mirarse no espello da cámara de Ruth Matilda. Coa etapa Lugo-Mondoñedo comeza esta semana o percorrido ‘Galicia de 20 a 20’ pola provincia de Lugo.
  • 20:05 h

    TAL COMO SOMOS: TAL COMO SOMOS II 19

    Programa documental que amosa como cambiou Galicia nas últimas décadas, como é hoxe en día e como constrúe o seu futuro. Os espectadores de ‘Tal como somos’ coñecerán hoxe o pasado, o presente e o futuro das artes escénicas en Galicia.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 03.12.2022

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES VI 376

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. 'Atrápame se podes' comeza un novo ciclo con cinco concursantes. M. A., de Lobios; Alba, da Coruña; Raúl, de Moaña; Flor, de Carballo, e Uxío, de Lugo, participan no programa. O bote sitúase nos 64.000 €.
  • 22:40 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXX 407

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. A potente voz de Ruth Lorenzo e o funk de Brais Morán soarán este sábado no programa 'Bamboleo'. A velada musical conducida por Xosé Manuel Piñeiro tamén será amenizada polos ritmos da orquestra Triunfo.
  • 01:05 h

    CLAC: CLAC 70

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.
  • 02:00 h

    DE BARES

    Centos de fotografías, de fragmentos de realidade, adornan as paredes dun bar. Óscar, home duns 30 anos, obsérvaas mentres espera pola súa moza. Cada obxecto, cada instante, cada rostro anónimo dá paso a unha historia diferente. Soidade, traizón, loucura... Unha viaxe polas caras máis ocultas da natureza humana até chegar de novo a Óscar. Porque aínda fica unha historia por contar.
  • 03:35 h

    PANTASMA DE AMOR

    Nino atópase no autobús cunha muller moi envellecida e de aspecto enfermizo que acaba confesándolle que é Ana, a muller a quen amou 20 anos antes. Cando Nino lles fala dese encontro aos seus amigos, un deles, que é médico, asegúralle que Ana morreu de cancro hai xa tempo. O extraordinario da situación esperta a curiosidade do protagonista.
  • 05:00 h

    TAL COMO SOMOS: TAL COMO SOMOS II 19

    Programa documental que amosa como cambiou Galicia nas últimas décadas, como é hoxe en día e como constrúe o seu futuro. Os espectadores de ‘Tal como somos’ coñecerán hoxe o pasado, o presente e o futuro das artes escénicas en Galicia.
  • 06:10 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 06:50 h

    RÍAS BAIXAS: Especial San Xoán

    Todos participan nunha obra de teatro, dirixida por Susa, que van estrear na noite de San Xoán. Damián anda desacougado porque non sabe como conseguir namorar a Leticia, que a súa vez non sabe como dicirlle que todo rematou entre eles.
  • 07:30 h

    LARPEIROS: Empanadas e empanados

    Receitas de pratos tradicionais galegos e de temporada. Hoxe, prepararanse escalopes empanados con salsa de queixo, empanada de lombo e pementos e empanadillas de batata.