CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista a Beatriz Corredor, presidenta de Red Eléctrica de España.
  • 10:45 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 43

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Goio da Illa de Arousa, Mónica de Narón, Carlos da Coruña, Érika de Dumbría e Patricia de Ourense participan por terceiro día consecutivo no 'Atrápame se podes' e aspiran a levar un bote que xa chegou aos 10.400 euros.
  • 11:25 h

    ESTACHE BO!: Guiso de bacallau con salsa de froitas e curry

    Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
  • 12:00 h

    A BÓLA EXTRA

    A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Paco Lodeiro desde o estudio 150.
  • 12:35 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". Entre outras cuestións, ‘A revista' aborda a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e as previsións turísticas en Galicia para esta ponte.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 15:10 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 03.12.2021

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:30 h

    O TEMPO

  • 15:40 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? VII 391

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez, que, amais, recibe cada día os mellores expertos científicos e sanitarios do país e entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 18:30 h

    FUN POLO AIRE: FUN POLO AIRE XII 654

    Magazine de proximidade, onde os verdadeiros protagonistas son os galegos e galegas de a pé co fin de demostrar que Galicia está más próxima e viva ca nunca. Presenta Susana López.
  • 19:50 h

    ESTACHE BO!: Espetadas de salmón en mollo de limón

    Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 21:45 h

    O TEMPO

  • 21:55 h

    LUAR: LUAR 1286

    Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Os fenómenos virais Twin Melody e Abraham Mateo chegan a 'Luar', que tamén contará cos sons do Coro Toxos e Froles. A música da nosa terra estará presente esta noite, ademais, nas intervencións de Os Terribles de Arousa e a orquestra Los Player’s.
  • 01:00 h

    EVENTOS G: París contra Panorama

    Os espectadores asistirán, no 'Evento G' que se ofrece este luns, a un duelo histórico: a París de Noia contra a Panorama. O enfrontamento entre as dúas orquestras galegas máis importantes será arbitrado por Alba Mancebo e Arturo Fernández.
  • 02:45 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Hoxe os espectadores asistirán a unha voda e un funeral. Suevia consegue evidencias de que Leonor estivo envolta na morte do chantaxista e manipula a súa viúva para que a asasine.
  • 03:50 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Arranca a recta final de "Pazo de Familia", serie cuxo final, por primeira vez na historia da TVG, escollerán os espectadores. Nesta última temporada, chea de importantes novidades e que hoxe comeza cun capítulo moi triste, a audiencia saberá como se resolven as frontes que aínda quedan abertas.
  • 05:05 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Hoxe á busca de Claudia, que realiza Emilio, súmaselle a pescuda sobre o marido de Sara. Ademais, o Pardo Veiga decide poñerse ao día cos asuntos da adega, pero agora non só é Suevia quen conspira contra el.
  • 06:10 h

    VIVIR AQUÍ: Do Grove á Antártida: exército e ciencia

    Programa de reportaxes.
  • 06:30 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 07:30 h

    GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.