CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.
  • 10:45 h

    ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 166

    O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores.
  • 11:10 h

    ESTACHE BO!: Costeletas con salsa de mel

    Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
  • 11:40 h

    AS NOSAS RÚAS: A Coruña (Emilia Pardo Bazán, Alexander von Humboldt e Alfredo Vicenti)

    Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia. Na primeira entrega, achegarase a tres figuras importantes das rúas da cidade da Coruña: a escritora Emilia Pardo Bazán, o científico Alexander von Humboldt e o xornalista Alfredo Vicenti.
  • 12:00 h

    A BÓLA EXTRA

    A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Octavio Villazala.
  • 12:35 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". O espazo amosa os preparativos nas praias, o gran dispositivo de seguridade, os ritos e as herbas máxicas para celebrar esta noite de San Xoán.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 15:15 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.06.2022

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:30 h

    O TEMPO

  • 15:50 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? IX 534

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que, amais, recibe cada día os mellores expertos científicos e sanitarios do país e entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 18:40 h

    FUN POLO AIRE: FUN POLO AIRE XIV 796

    Magazine de proximidade, onde os verdadeiros protagonistas son os galegos e galegas de a pé co fin de demostrar que Galicia está más próxima e viva ca nunca. Presenta Susana López.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 21:45 h

    O TEMPO

  • 21:55 h

    ESPECIAIS VERÁN 2022: San Xoán

    A TVG festexa por toda Galicia a noite máxica de San Xoán. Programa especial, presentado por Noelia Rey, que percorrerá as mellores celebracións, desde A Coruña ata Nigrán, pasando por Lugo e A Estrada, da nosa noite máis rica en lendas e rituais.
  • 00:15 h

    ERA VISTO!

    Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.
  • 00:40 h

    TIBURÓN

    Na costa dunha pequena localidade turística do leste dos Estados Unidos, un enorme tiburón branco ataca varias persoas. Temendo as fatais consecuencias que isto pode provocar no negocio turístico, o alcalde négase a pechar as praias e a difundir a nova. Pero un novo ataque do escualo, na propia praia, acaba coa vida doutro bañista. O terror fíxose público, así que, un veterano cazador de quenllas, un científico e o xefe da policía local únense para cazar o temible animal.
  • 02:40 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 03:40 h

    LIBRO DE FAMILIA: Voto de silencio

    Carmiña fixo voto de silencio, xa que, para non ter que oíla, Cosme ofreceulle 1.000 pesetas por pasar un día calada. Coñecéndoa, todos pensan que non o ha conseguir, pero o que non se lles pasa pola cabeza é que, aínda muda, Carmiña pode argallar un plan para saírse coa súa. Por razóns moito máis serias, tampouco Lupe pode dicir palabra do que lle aconteceu. A ameaza de Ramón de acusala como cómplice fará que teña que mentir e actuar contra a súa vontade.
  • 04:45 h

    ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 166

    O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores.
  • 05:20 h

    AS NOSAS RÚAS: A Coruña (Emilia Pardo Bazán, Alexander von Humboldt e Alfredo Vicenti)

    Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia. Na primeira entrega, achegarase a tres figuras importantes das rúas da cidade da Coruña: a escritora Emilia Pardo Bazán, o científico Alexander von Humboldt e o xornalista Alfredo Vicenti.
  • 05:35 h

    A BÓLA EXTRA

    A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Octavio Villazala.
  • 06:00 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Mon Santiso (de luns a xoves), Marta Gómez (venres) e María Solar (fin de semana). 'Zigzag' falará da Mostra de Teatro de Cangas, que hoxe comeza, coa súa directora artística, María Armesto, e coa actriz Casilda Alfaro, membro da organización.
  • 06:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 07:25 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

  • 07:30 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.