CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:10 h

    A PARELLA. INSTRUCIÓNS DE USO: Os celos

    A parella. Instrucións de uso formulará preguntas que todos nos facemos pero que non nos atrevemos a responder e buscará a resposta naqueles sitios onde a xente fala sen complexos: os talleres, os salóns de peiteado...
  • 08:25 h

    COMA UN ALLO

    Presentado por Bernardo Montaña, concurso dirixido a toda a familia, en que concorren tres concursantes cada edición. Baseado na dinámica de preguntas e respostas de cultura xeral, conta, amais, coa intervención de dous expertos colaboradores, María Canosa e Jorge Mira, que resolven dúbidas e amplían a información en cada bloque.
  • 08:55 h

    PEREGRINO: PEREGRINO 1

    O programa acompañará a persoas anónimas que percorren o Camiño e dará a coñecer as súas vivencias e os puntos e historias representativas de cada etapa.
  • 09:25 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1788

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:40 h

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 407

    Programa relixioso.
  • 10:00 h

    SANTA MISA

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 05.12.2021

    Presenta Almudena R. de Urzáiz. Inclúe unha entrevista co presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez.
  • 11:10 h

    PARLAMENTO: PARLAMENTO 1030

    Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
  • 11:40 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. A autora Raquel Pico conversa en ‘Zigzag’ sobre o seu libro, en que indaga nas mulleres galegas ‘modernas’ dos anos 20.
  • 12:05 h

    O CLAN DAS MARIÑEIRAS: O soño de Rosa Soneira, peixeira de ventos optimistas

    Programa presentado por X.H. Rivadulla Corcón que que analiza, poñendo o foco cada semana nunha profesional do mar, o traballo primordial que desenvolven as mulleres na cultura mariñeira. 'O Clan das Mariñeiras' achégase esta semana a Muxía para compartir unha xornada coa peixeira ambulante Rosa Soneira.
  • 12:35 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1058

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 13:15 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 05.12.2021

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    VIVIR AQUÍ

    Programa de reportaxes. 'Vivir Aquí' visitará hoxe uns xardíns de premio, os que construíron no Colexio Terras de Maside de Ourense.
  • 15:45 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.12.2021

  • 15:50 h

    A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS

    Terceira temporada de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios', que busca a mellor voz da verbena galega. Presentada por Paco Lodeiro, os finalistas da primeira e da segunda edición, xunto con caras novas, loitarán por facerse co título de 2021, nunha emocionante competición musical que contará tamén con moito humor e sorpresas. Oito aspirantes pelexarán no escenario de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' pola única praza libre que queda para a gran final. No grande espectáculo desta noite, Paco Lodeiro, C
  • 18:00 h

    OS MELLORES DA CLASE: OS MELLORES DA CLASE (REEDITADO) 9

  • 19:00 h

    LUAR DO DOMINGO: LUAR DO DOMINGO 774

    Resume das mellores actuacións da última edición do programa Luar.
  • 20:05 h

    EN FEMININO SINGULAR: EN FEMININO SINGULAR II 20

    Programa que ten como obxectivo concienciar a sociedade e as mulleres, en particular, sobre a necesidade de empoderamento para rachar os vestixios da desigualdade de xénero. O programa ‘En Feminino Singular’ coñecerá hoxe as historias de dúas emprendedoras que innovan a través dos novos medios.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:55 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 11.12.2021

  • 22:05 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 117

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Segundo día no 'Atrápame se podes' para Raúl, de Vilagarcía de Arousa; Sergio, de Cambados; Xulio, de Pontevedra; Pepa, de Curtis, e Irene, de Miño. Todos eles optan a levar o bote do concurso, que xa medrou ata os 14.200 euros.
  • 22:45 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIAS NOTICIAS IX

    Programa comandado por Arturo Fernández, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Brais Doval, Oswaldo Digón, Antonio Mosquera, Laura Vaqueiro e Belén Vara, que lle dá unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 23:15 h

    COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XI 139

    Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Os espectadores de 'Cos Pés na Terra' saberán esta noite dun proxecto nas redes para amosar as marabillas dos Ancares. Ademais, da man dun criador, descubrirán cousas sorprendentes dos gansos de Toulouse.
  • 00:20 h

    COS PÉS NA TERRA

    Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo.
  • 01:20 h

    AS LUCES: Iolanda Castaño e Luís Iglesia

    Programa de cultura e diálogo, presentado por Xosé Carlos Caneiro. 'As Luces' terá hoxe como convidados a poeta Iolanda Castaño e o actor Luís Iglesia.
  • 02:05 h

    MATALOBOS: Non hai inocentes

    Vargas comeza a padecer as primeiras consecuencias da investigación que está levando a cabo. En contra do que o xornalista puidese pensar, Garrido non se contentará con envialo ao cuartel da Garda Civil.
  • 03:05 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Nunha nova entrega de “Pazo de Familia”, a policía incáutase de toda a cocaína e os cartos da operación de narcotráfico en que están envoltos Carlos e Leonor. Para Mónica, é só cuestión de tempo que a súa nai teña que pagar polo que fixo, ou ben co cárcere, ou ben coas represalias dos seus socios mafiosos.
  • 04:15 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Hoxe, consciente de que a súa vida está en perigo, Nino despídese para sempre. O divorcio de Emilio e Eva chega á máxima tensión, ata o punto de que un dos dous acaba por esmorecer.
  • 05:20 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Hoxe, a historia de amor entre Alberto e Claudia, os Romeo e Julieta da serie, chega a ouvidos de Emilio e Suevia e terá consecuencias máis graves do que se pode imaxinar.
  • 06:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. A autora Raquel Pico conversa en ‘Zigzag’ sobre o seu libro, en que indaga nas mulleres galegas ‘modernas’ dos anos 20.
  • 06:50 h

    VIVIR AQUÍ: Delitos de xuventude

    Programa de reportaxes. 'Vivir Aquí' descubrirá hoxe o programa Ktorce18, de prevención de condutas delitivas entre os menores.
  • 07:05 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

  • 07:05 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.