CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    VIVIR AQUÍ: Intelixencia artificial galega

    Programa de reportaxes.
  • 08:10 h

    A PARELLA. INSTRUCIÓNS DE USO: A PARELLA. INSTRUCIÓNS DE USO 5

    A parella. Instrucións de uso formulará preguntas que todos nos facemos pero que non nos atrevemos a responder e buscará a resposta naqueles sitios onde a xente fala sen complexos: os talleres, os salóns de peiteado...
  • 08:30 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: Olegario Vázquez Raña

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. O espazo coñece un dos grandes empresarios de Galicia e de México.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 04.12.2021

    Presenta Almudena R. de Urzáiz. Inclúe senllas entrevistas co médico de Medicina Interna no HM Modelo da Coruña Nacho Ramil e co coordinador do Comité de Vacinas da Asociación Española de Pediatría, Francisco Álvarez.
  • 10:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. 'Zigzag' entrevista hoxe a Jesús Sánchez, comisario da exposición sobre o arquitecto Antonio Palacios no Museo do Mar de Vigo.
  • 10:50 h

    CADERNO DE BITÁCORA: Socorro Cacabelos 'Meis', un universo emocional nas pequenas cunchas

    Cada semana, este novo espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, faralle unha homenaxe a unha persoa que traballou toda a súa vida no mar, contará o seu periplo vital e daralle unha sorpresa xuntando os seus amigos, compañeiros de traballo e familiares. A primeira protagonista será Socorro Cacabelos ‘Meis’, que soubo ver que os colares do Grove podían ser pezas de alta xoiería e fixo evolucionar esta arte ancestral.
  • 11:25 h

    QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA: QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA 13

  • 12:35 h

    LABRANZA: LABRANZA 1604

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:15 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 04.12.2021

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    VIVIR AQUÍ: A ilusión veciñal fai grande o belén

    Programa de reportaxes. O espazo ‘Vivir Aquí' compartirá hoxe cos veciños de Valga a montaxe do belén articulado máis grande de Galicia.
  • 15:35 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.12.2021

  • 15:45 h

    SABADEANDO: SABADEANDO II 23

    Programa en directo para encher de diversión as tardes dos sábados da Televisión de Galicia con música, xogos, humor, emocionantes imaxes de arquivo e conexións en directo, achegando á casa dos espectadores as mellores festas, sorpresas e historias do máis curiosas. Presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz. 'Sabadeando' visitará en directo o Mercado de Nadal de Vilagarcía e asistirá á VI Foliada da Fonsagrada.
  • 18:40 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Chantada

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. A guía turística de Chantada, Beatriz Pérez, amosaralles aos espectadores de ‘Sen Código Postal’ os encantos desta vila lucense.
  • 19:50 h

    LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 26

    Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. O Centro Oceanográfico de Vigo e unha empresa aceiteira de Ourense reciben este sábado a visita de 'Latexos da Cidade'.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 05.12.2021

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 116

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' non para. Esta semana ten un bote de 14.000 euros e novos aspirantes a levalo: Raúl, de Vilagarcía de Arousa; Sergio, de Cambados; Xulio, de Pontevedra; Pepa, de Curtis, e Irene, de Miño. Algún deles será o afortunado que consiga facerse con el?
  • 22:45 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXVII 363

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. A cantante cubana Lucrecia e o grupo de Moaña The Lelli Kellys, convidados este sábado no programa 'Bamboleo'. Ademais, a orquestra Capitol animará os espectadores a bailar e a gozar da festa coa súa variedade de ritmos.
  • 01:15 h

    QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA: QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA 13

  • 02:15 h

    VERÁN VIOLENTO

    1943. Carlo e a súa pandilla pasan o verán entre bailes, excursións e xogos na praia. Grazas ao seu influente pai, Carlo está evitando entrar no exército. Está namorado de Roberta, unha muller maior ca el, e a relación parece progresar.
  • 03:50 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Hoxe, o desenlace do secuestro de Claudia e Rita. Mentres Suevia se pon de parte de Emilio para xestionar a crise dos xornaleiros, el non imaxina que Paulo será capaz de levar a folga ás últimas consecuencias.
  • 04:55 h

    PAZO DE FAMILIA

    Serie. Hoxe Emilio descobre o segredo do marido de Sara. A ela non lle quedará máis remedio que contarlle a verdade sobre o seu misterioso casamento.
  • 06:15 h

    LABRANZA: LABRANZA 1604

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 06:50 h

    DESMONTANDO...: Desmontado estaleiros

  • 07:00 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 04.12.2021

    Presenta Chus Tanoira.