CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:30 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: Ramón Santamarina (Bos Aires)

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. O espazo 'Facendo as Américas' visita esta semana a Ramón Santamarina, ourensán que fixo fortuna na Arxentina.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 16.10.2021

    Presenta Almudena R. de Urzáiz. No espazo entrevistarase hoxe a Susana Miras, responsable do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles no Sergas, e a Antonio Acevedo, director xeral de Atención Integral Sociosanitaria da Xunta de Galicia.
  • 10:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. O músico Tonhito de Poi presenta hoxe en ‘Zigzag’ o seu novo traballo en solitario: ‘In-Dios’.
  • 10:55 h

    O SON DA RIBEIRA: Cantigas de Martín Códax

    Programa que pretende poñer en coñecemento da audiencia todo o tesouro musical da cultura mariñeira. Neste espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, as agrupacións musicais do mundo do mar presentarán a súa música, ao tempo que se fará visible a relación desta música cos diferentes traballos do mar.
  • 11:30 h

    QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA: QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA 6

  • 12:35 h

    LABRANZA: LABRANZA 1598

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:15 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 16.10.2021

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    VIVIR AQUÍ

    Programa de reportaxes. No Día Mundial da Alimentación, ‘Vivir Aquí’ reflexiona sobre a dieta atlántica e coñece o labor que desenvolve o Edificio Verde de Lugo.
  • 15:45 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.10.2021

  • 15:50 h

    SABADEANDO: SABADEANDO II

    Programa en directo para encher de diversión as tardes dos sábados da Televisión de Galicia con música, xogos, humor, emocionantes imaxes de arquivo e conexións en directo, achegando á casa dos espectadores as mellores festas, sorpresas e historias do máis curiosas. Presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz. No Día Internacional do Pan, ‘Sabadeando’ visita Cea e goza da música e da compaña da orquestra Los Players, entre outros artistas.
  • 18:45 h

    IMOS DE FEIRA: Vilalba

    Programa en que Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, ‘Imos de Feira’ promete diversión e premios en cada edición para os asistentes. Vilalba, a capital da Terra Chá, recibe hoxe a visita do programa 'Zigzag'.
  • 19:55 h

    LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 19

    Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. 'Latexos da Cidade' asistirá hoxe ao cambio de garda na Capitanía Xeral da Coruña e verá como se traballa nas alturas de Vigo.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 17.10.2021

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 81

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. 'Atrápame se podes' recibe hoxe nova tripulación. Eles son: Xurxo, de Camelle; Raquel, de Teo; Mark, da Coruña; Pili, de Lugo, e María, de Porto do Son. Todos eles aspiran a levar o bote, que xa está nos 7.000 euros.
  • 22:35 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXVI 356

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. A cantante Conchita e o grupo Os Resentidos presentan hoxe os seus novos discos en 'Bamboleo'. A orquestra Solara interpretará unha selección musical moi propia da verbena, perfecta para levantar o ánimo.
  • 01:10 h

    QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA: QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA 6

  • 02:05 h

    OS HEROES DO TEMPO

    A Kevin, un rapaz cunha imaxinación desbordante, unha noite espértao un grupo de ananos que sae do seu propio armario. Estes personaxes eran antigos criados do ‘ser supremo’, pero, cansos de traballar para el, decidiron roubarlle un mapa para poder viaxar a través do tempo e do espazo coa intención de roubar grandes tesouros en distintas épocas. Ademais, as súas viaxes permitíronlle coñecer diversos personaxes históricos: Napoleón, Agamenón, o rei de Micenas e mesmo Robin Hood.
  • 03:55 h

    CASA MANOLA: A ilusión do principio

    Barrantes terá que ter entretido un inoportuno hóspede: un urbanita que quere facer agroturismo para entrar en contacto coa terra e coñecer a vida no campo. A pesar dos esforzos de Vero, nada resulta como ela desexaba.
  • 04:55 h

    CASA MANOLA: Tempo de laranxas

    Por unha banda, Vero ten que mediar no conflito entre a súa sogra e Remedios, unha veciña coa que leva anos enfrontada por mor dunhas lindes. Ambas as dúas considéranse propietarias dun vello laranxeiro e a intervención de Vero só servirá para enlear aínda máis o asunto. Mentres tanto, Nacho e o seu tío Barrantes tratan de reeditar as súas fazañas de xuventude subidos a unha carrilana, pero semella que o tempo pasa para todos.
  • 05:55 h

    CASA MANOLA: Parabéns

    Casa Manola recibe a visita de Dimas, un famoso investigador de fenómenos paranormais. O seu propósito é revisar un avistamento extraterrestre que aconteceu na vila hai anos e que deu a volta ao mundo, pero semella que Barrantes non ten moito interese en que ninguén remexa o pasado. Mentres tanto, Nacho terá que atender as queixas dunha hóspede moi puntillosa.
  • 07:00 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 16.10.2021

    Presenta Chus Tanoira.