CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:15 h

    A PARELLA. INSTRUCIÓNS DE USO

    A parella. Instrucións de uso formulará preguntas que todos nos facemos pero que non nos atrevemos a responder e buscará a resposta naqueles sitios onde a xente fala sen complexos: os talleres, os salóns de peiteado...
  • 08:30 h

    TERRA DE ACOLLIDA: TERRA DE ACOLLIDA 4

    Programa co que os espectadores poden achegarse ás historias de superación de persoas que por distintos motivos chegaron a Galicia. O programa fala hoxe sobre o servizo de integración socio laboral que realiza a ONG Mestura.
  • 08:55 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 15.01.2022

    Presenta Almudena R. de Urzáiz.
  • 10:30 h

    CADERNO DE BITÁCORA: Francisco Vidal, Pacucho, a vida no bandear dos barcos

    Cada semana, este novo espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, faralle unha homenaxe a unha persoa que traballou toda a súa vida no mar, contará o seu periplo vital e daralle unha sorpresa xuntando os seus amigos, compañeiros de traballo e familiares. O espazo amosará hoxe a fascinante aventura mariñeira e vital de ‘Pacucho’ Vidal, que desde Portosín abriu novas rutas no mar.
  • 11:15 h

    FUN POLO AIRE (REEDITADO): FUN POLO AIRE (REEDITADO) 1

  • 12:35 h

    LABRANZA: LABRANZA 1607

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:15 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 15.01.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    VIVIR AQUÍ

    Programa de reportaxes. O coidado da contorna natural é hoxe o tema sobre o que xirarán as reportaxes do programa.
  • 15:40 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.01.2022

  • 15:50 h

    SABADEANDO: SABADEANDO II 28

    Programa en directo para encher de diversión as tardes dos sábados da Televisión de Galicia con música, xogos, humor, emocionantes imaxes de arquivo e conexións en directo, achegando á casa dos espectadores as mellores festas, sorpresas e historias do máis curiosas. Presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz. O humor é o gran protagonista deste 'Sabadeando’, que contará coa participación de Touriñán, Carlos Blanco, Pepo Suevos e Esther Estévez, entre outros.
  • 18:55 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Catoira

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O programa vai hoxe na procura de Martina Vicente para coñecer Catoira.
  • 20:00 h

    UN PAÍS EN 360º: Camiño dos Faros

    Programa gravado con cámaras 360, que utiliza a tecnoloxía para achegarlles aos espectadores o patrimonio natural e monumental de Galicia. Presentado por Estíbaliz Veiga, ‘Un país en 360’ descobre Galicia de forma inmersiva, porque o público está no centro da acción. De ruta polo Camiño dos Faros, o programa coñecerá emprazamentos destacados da Costa da Morte.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 16.01.2022

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 146'

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' comeza unha nova semana partindo no bote coa destacada cifra de 18.000 €. Será o primeiro programa para Quique, de Cabana de Bergantiños; Xil, de Moeche; Álvaro, do Val Miñor; María Dolores, de Mugardos, e Marga, de Narón.
  • 22:40 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXVII 368

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. Gran festa no 'Bamboleo' coas actuacións de Raúl, Pili Pampín e a orquestra Marbella. Como cada semana, o programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará coas súas seccións habituais e coa participación dos colaboradores Tamara Pérez, Claudio Pan e Isi.
  • 01:15 h

    CLAC: CLAC 24

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior. O thriller ‘Quen a ferro mata’, con Luís Tosar no papel principal, protagonista hoxe de 'Clac'. Para esmiuzar a produción, contarase no estudio coa participación da súa produtora, Enma Lustres, e do guionista da cinta, Juan Galiñanes.
  • 02:15 h

    QUEN A FERRO MATA

    Nunha vila da costa galega vive Mario, un home exemplar. Na residencia de anciáns na que traballa como enfermeiro todos o aprecian. Cando o narcotraficante máis coñecido da zona, Antonio Padín, acabado de saír do cárcere, ingresa na residencia, Mario trata de que Antonio se sinta como na casa. Agora, os dous fillos de Padín, Kike e Toño, están ao mando do negocio familiar, pero un erro nunha operación levará a Kike ao cárcere e lles xerará unha gran débeda cun provedor colombiano. Toño recorrerá ao enfermei
  • 04:00 h

    O EMPREGO

    Unha grande empresa fai unha convocatoria pública para cubrir varios postos de traballo. Ao chamamento acoden moitas persoas, entre elas Domenico, un mozo de provincias que queda prendado de Antonietta, outra aspirante. Os dous despídense coa esperanza de atoparse de novo como empregados da empresa. Ambos os dous son seleccionados, pero a Domenico asígnanlle o posto de axudante de conserxe e as diferentes quendas e tarefas dos dous impídenlles volver verse. A vida transcorre entre a monotonía e as pequenas
  • 05:35 h

    TERRA DE ACOLLIDA: TERRA DE ACOLLIDA 4

    Programa co que os espectadores poden achegarse ás historias de superación de persoas que por distintos motivos chegaron a Galicia. O programa fala hoxe sobre o servizo de integración socio laboral que realiza a ONG Mestura.
  • 06:00 h

    PADRE CASARES: Natividade

    Seguen os ensaios do coro, pero os louredeses senten que non hai nada que facer fronte aos favoritos, de Tapeirán. Ademais, a última hora sumouse á súa desgraza a baixa de Lidia, a ata agora solista da coral. E é que a hostaleira recibiu con enorme tristeza a desestimación da súa solicitude de adopción.
  • 07:00 h

    PADRE CASARES: Ano novo, vida nova

    Tras os excesos da Noitevella, chegan as curas de saúde e Amelia prepara caldo limpo, para "tortura" de don Crisanto. Mentres, no bar de Louredo, a Miñato aínda lle duran a esmorga e a boa compaña.