CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.
  • 10:45 h

    ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 65

    O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores. Dani recibe hoxe na cociña a parlamentaria do PSdG Beatriz Sestayo. Entre os dous elaborarán uns deliciosos paspallás escabechados con verduriñas glaseadas. O cociñeiro tamén explicará como facer a maionesa menos graxa e preparará un Batido de iogur e confeitura de amorodos para chuchar os dedos.
  • 11:00 h

    POLO REGO: POLO REGO 25

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Os expertos amosarán como facer un bancal de herbas e un orixinal sementeiro de cenorias de reciclaxe, entre outras propostas.
  • 11:30 h

    POLO REGO: POLO REGO 26

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Os expertos amosarán como facer un bancal de herbas e un orixinal sementeiro de cenorias de reciclaxe, entre outras propostas.
  • 12:00 h

    A BÓLA EXTRA

    A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Paco Lodeiro desde o estudio 150.
  • 12:30 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". O magazine conversa hoxe sobre o consumo de droga na xuventude e con dous tiktokers galegos de éxito.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 15:30 h

    Programa

  • 15:40 h

    O TEMPO

  • 15:50 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? VIII 428

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez, que, amais, recibe cada día os mellores expertos científicos e sanitarios do país e entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 18:20 h

    FUN POLO AIRE: FUN POLO AIRE XIII 690

    Magazine de proximidade, onde os verdadeiros protagonistas son os galegos e galegas de a pé co fin de demostrar que Galicia está más próxima e viva ca nunca. Presenta Susana López.
  • 19:40 h

    ESTACHE BO!: Profiteroles de crema pasteleira

    Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 21:40 h

    O TEMPO

  • 21:45 h

    AVANCE MALICIA NOTICIAS: AVANCE MALICIA NOTICIAS 340

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 155'

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios.
  • 22:35 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS IX 340

    Programa comandado por Arturo Fernández, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Brais Doval, Oswaldo Digón, Antonio Mosquera, Laura Vaqueiro e Belén Vara, que lle dá unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 23:05 h

    COMANDO G: COMANDO G 7

    Espectáculo de gran formato, cun ritmo trepidante e cheo de emocións, presentado por Adrián Díaz, que cada semana pon a proba a Paloma Lago, Patricia Pérez, Alberto Comesaña, Trisha Fernández e Lucía Rodríguez, cinco caras moi coñecidas da audiencia galega, para comprobar a súa capacidade de adaptación e o seu sentido do humor. O seu bo facer será avaliado por un xurado integrado por Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luis Blanco Campaña e un artista convidado en cada entrega.
  • 01:20 h

    DUNKERQUE

    En plena 2ª Guerra Mundial, no ano 1940, nas praias de Dunkerque, centos de miles de soldados das tropas británicas e francesas atópanse rodeados polo avance do exército alemán, que invadiu Francia. Atrapados na praia, co mar cortando o paso, as tropas enfróntanse a unha situación angustiosa que empeora a medida que o inimigo se achega.
  • 03:00 h

    PADRE CASARES XII: Cousas de pilatos

    As festas patronais son o evento por excelencia dos pobos e Santo Antonio de Louredo non é unha excepción. Pero no noso peculiar pobo a honra do patrón é asunto de discordia dende hai anos .
  • 04:00 h

    PADRE CASARES: Z de raposo

    O Nadal achégase e un ateo confeso, orgulloso e irredento como Delmiro négase, como vén sendo habitual, a celebrala. En vista de que as estratexias de anos anteriores non deron os seus froitos, nesta ocasión, o alcalde optou por pasar do intento de boicot
  • 05:00 h

    PADRE CASARES: Demasiados compromisos

    Despois de moita indecisión e unha morea de obstáculos de todo tipo, por fin parece que a relación de Urbano e Sabela chegará a bo porto.
  • 06:45 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 07:25 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

  • 07:30 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.