CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.
  • 10:45 h

    ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 64

    O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores. Dani recibe hoxe na cociña a parlamentaria do PSdG Beatriz Sestayo. Entre os dous elaborarán uns deliciosos paspallás escabechados con verduriñas glaseadas. O cociñeiro tamén explicará como facer a maionesa menos graxa e preparará un Batido de iogur e confeitura de amorodos para chuchar os dedos.
  • 11:30 h

    POLO REGO: POLO REGO 23

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Os mestres do programa ensinarán a traballar cunha rozadoira, a reproducir unha camelia, a realizar un decorativo bancal e a elaborar unha saborosa marmelada
  • 11:55 h

    POLO REGO: POLO REGO 24

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. O programa amosa hoxe un remedio caseiro para criar os pitiños.
  • 12:00 h

    A BÓLA EXTRA

    A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Paco Lodeiro desde o estudio 150.
  • 12:30 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". O magazine conversa hoxe sobre o consumo de droga na xuventude e con dous tiktokers galegos de éxito.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 15:30 h

    Programa

  • 15:40 h

    O TEMPO

  • 15:50 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? VIII 427

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez, que, amais, recibe cada día os mellores expertos científicos e sanitarios do país e entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 18:20 h

    FUN POLO AIRE: FUN POLO AIRE XIII 689

    Magazine de proximidade, onde os verdadeiros protagonistas son os galegos e galegas de a pé co fin de demostrar que Galicia está más próxima e viva ca nunca. Presenta Susana López.
  • 19:40 h

    ESTACHE BO!: Peituga de pavo con cúrcuma e cuscús

    Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 21:40 h

    O TEMPO

  • 21:45 h

    AVANCE MALICIA NOTICIAS: AVANCE MALICIA NOTICIAS 339

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 154'

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios.
  • 22:35 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS IX 339

    Programa comandado por Arturo Fernández, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Brais Doval, Oswaldo Digón, Antonio Mosquera, Laura Vaqueiro e Belén Vara, que lle dá unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 23:05 h

    48 HORAS PARA O SI

    Programa de telerrealidade, presentado pola actriz Iolanda Muíños, que retrata en 48 horas unha petición de man e a organización dunha voda sorpresa, no caso dunha resposta favorable.
  • 00:35 h

    BOY IN THE STRIPED PAJAMAS, THE

  • 02:15 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1795

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 05:05 h

    PADRE CASARES XII: HABELOS HAINOS

    Desde o encontro co misterioso home, don Crisanto anda dos nervios. Tras tentar, sen éxito, demostrar a presenza do estraño en varias ocasións, o vello párroco empeza a pensar que a visión foi froito dun erro na medicación. Con todo, cando o cura xa estaba medio convencido das causas da súa aparición, volve atoparse con ela. Aínda que o home segue sendo igual de misterioso, don Crisanto ten unha cousa clara: trátase dunha visión porque ninguén máis no pobo parece ser capaz de velo. Desesperado, o ancián tra
  • 06:45 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 07:25 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

  • 07:30 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.