CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:05 h

    IMOS INDO

    O espazo “Imos Indo” racha as constricións dos programas de entrevistas clásicos, fusionando o xénero talk show co divulgativo e empregando localizacións completamente naturais. O presentador, Quique Morales, e os seus convidados percorrerán cada unha das etapas que conforman o Camiño dos Faros, na Costa da Morte. No traxecto e a través das súas conversas, os espectadores descubrirán aspectos íntimos da vida dos persoeiros elixidos e coñecerán xentes da zona. O programa “Imos Indo” chega hoxe ao seu final c
  • 08:55 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 13.08.2022

    Presenta Almudena R. de Urzáiz.
  • 10:00 h

    OS ANDAMIOS DA HISTORIA: Mosteiro de San Martiño de Xuvia

    Serie documental, que achega algunhas das máis relevantes xoias arquitectónicas e artísticas galegas. Dirixida por Carlos A. Quirós e presentada por Teresa Rocamonde e Paula Pita, céntrase na protección e restauración dos bens do patrimonio de Galicia.
  • 11:05 h

    COMISIÓN DE FESTAS: San Cristovo de Muimenta

    A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O programa é hoxe testemuña de como organizan en Muimenta as celebracións patronais na honra de San Cristovo e Santa Mariña.
  • 11:55 h

    VAIA TROULA SEMANAL: VAIA TROULA SEMANAL 8

  • 12:35 h

    LABRANZA: LABRANZA 1603

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:20 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 13.08.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.08.2022

  • 15:35 h

    CARBALLEIRA: XUNTOS! (CARBALLEIRA) 3

    María Mera percorrerá Galicia con ‘Carballeira’, un novo programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. O programa dá hoxe voz ás xentes da parroquia de Paramos, protagonistas de historias emocionantes.
  • 17:45 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: Manuel Corral Vide

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. O chef Manuel Corral Vide, que soubo maridar coma ninguén a gastronomía galega coa arxentina, protagonista no programa.
  • 18:45 h

    DESERTORES DO ASFALTO: Negueira de Muñiz

    Aquelas persoas que desertaron de marchar e quedaron para traballar na súa terra e aquelas outras que chegaron para quedar e sumar, van ser as protagonistas desta aventura e van axudar a contar a historia de Galicia coma nunca se fixo en televisión. Presentado por Rocío Barrio. O programa visita hoxe Negueira de Muñiz, un concello con poucos habitantes, pero con moita vida.
  • 19:25 h

    DESERTORES DO ASFALTO: Piornedo

    Programa presentado por Rocío Barrio, que pon en valor a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Este novo espazo levará a audiencia por enclaves e a historia de Galicia, coma nunca antes se vira. Hoxe terá como escenario Piornedo, unha aldea prerromana que é Ben de Interese Cultural aínda en pé e cuxos seus veciños e veciñas viven en comunidade. Agora cada vez son menos pero xúntan
  • 20:00 h

    QUE CASAS!

    Con 'Que Casas!', a TVG entra nas casas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia da man dos seus propietarios. O programa visita vivendas espectaculares para coñecer un pouco máis o xeito de viviren dos galegos e galegas. O programa visita hoxe novas vivendas espectaculares en Vigo, Santiago, Vila de Cruces, Ourense e Teo.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 13.08.2022

  • 22:00 h

    BAMBOLEO

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. Os artistas Lucía Gil e Enrique Ramil, que se deron a coñecer en conursos de talentos, acoden hoxe a 'Bamboleo'. A música da orquestra Triunfo amenizará esta velada, en que tampouco faltarán o humor e a diversión que achegan os colaboradores do programa
  • 00:35 h

    CLAC: CLAC 54

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior. O thriller ‘Quen a ferro mata’, con Luís Tosar no papel principal, protagonista hoxe de 'Clac'. Para esmiuzar a produción, contarase no estudio coa participación da súa produtora, Enma Lustres, e do guionista da cinta, Juan Galiñanes.
  • 01:25 h

    QUEN A FERRO MATA

    Nunha vila da costa galega vive Mario, un home exemplar. Na residencia de anciáns na que traballa como enfermeiro todos o aprecian. Cando o narcotraficante máis coñecido da zona, Antonio Padín, acabado de saír do cárcere, ingresa na residencia, Mario trata de que Antonio se sinta como na casa. Agora, os dous fillos de Padín, Kike e Toño, están ao mando do negocio familiar, pero un erro nunha operación levará a Kike ao cárcere e lles xerará unha gran débeda cun provedor colombiano. Toño recorrerá ao enfermei
  • 03:10 h

    Verán do 42

    Hermie, Oscy e Benji son tres amigos adolescentes que pasan as súas vacacións de verán nunha illa de Nova Inglaterra. Hermie é un rapaz aposto pero moi tímido, Oscy é máis aguerrido e avantaxado coas rapazas e Benji... é mellor coñecelo. A súa amizade, as súas travesuras, as súas experiencias coas mozas van ter lugar aquí, incluída a chegada dunha fermosa muller cuxo home se enrolou no exército. Ningún deles poderá esquecer aquel verán do 42, en plena Segunda Guerra Mundial.
  • 05:15 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 06:05 h

    MAREAS VIVAS: O silencio de Petróleo

    Petróleo fai unha orixinal aposta: pasará dous días sen artellar palabra. Tal é a magnitude da mesma que se redacta un documento do que todos están pendentes.
  • 07:00 h

    MAREAS VIVAS: F.C. Portozás

    A gran noticia de Portozás estará na constitución dun club de fútbol que pretende levar adiante Ramón Couto, coa axuda financeira da alcaldesa Celia, unha empresa moi ambiciosa para competir coa vila inimiga: Cormelle.